sábado, 11 de febreiro de 2023

11 DE FEBREIRO, DÍA DA NENA, A MULLER E A CIENCIA


O día 11 de candeas conmemorase o Día Internacional da muller e a nena na ciencia a través de actividades que visibilizan o traballo das mulleres que se dedican ás areas STEAM, creando así referentes femininos para a rapazada e tamén pretende dar a coñecer os distintos factores que afectan ás mulleres para alcanzar a igualdade de xénero no ámbito científico. 

Esta data celébrase dende o ano 2015. 

No recibidor da escola temos un xogo con grandes mulleres científicas, co que traballaremos ao longo desta semana. Ademáis,   pedimos a colaboración familiar para levar a cabo experimentos científicos. 

Aquí tedes os traballos recibidos. 





 


Moitas grazas familias!

ESTAMOS DE NORABOA, TEMOS SETE PREMIOS NO CONCURSO DE DEBUXO "A SUPERCASA" DO COLEXIO OFICIAL DE ARQUITECTOS DE GALICIA

Estamos moi contentos, estamos de noraboa. Sete dos nosos alumn@s acaban de ser premiados no I CONCURSO DE DEBUXO INFANTIL "A SUPERCASA".
Desde a  Xunta Directiva da Delegación en Pontevedra do COAG acaban de poñerse en contacto con nós para comunicarnos que xa se teñen fallado os premios do Concurso e nos comunican que as obras premiadas son as que seguen:
  • CATEGORÍA 2, 1º PREMIO    (vale 250€ en material  de educación plástica  e libros): Lucas Rodríguez, por " A casa da discoteca barbuda". 4º curso de primaria

  •  
  • CATEGORÍA 3, 3º PREMIO    (vale 100€ en material  de educación plástica  e libros): Irene Bastos, por "A casa verde".6º curso de primaria

  • CATEGORÍA 1  Accésit ( vale 75€ en material  de educación plástica  e libros  ) : Javier Fernández. "Casa de Med" 1º curso de primaria.

  • CATEGORÍA 1  Accésit ( vale 75€ en material  de educación plástica  e libros  ) : Jimena Dosouto. "Casa faladora" 2º curso de primaria.

  • CATEGORÍA 2, Accésit    (vale 75€ en material  de educación plástica   e libros): Hugo Fernández, por "A Casa Hotel Cinco Estrelas". 4º curso de primaria


  • CATEGORÍA 2, Accésit mención especial COAG    (regalos aportados polo comercio local): Tiago Carid, por "A casa coche"3º curso de primaria


  • CATEGORÍA 3, Accésit  (vale 75€ en material  de educación plástica   e libros): Julia Rodríguez, por "Dream House", 6º curso de primaria



En breve saberemos o lugar, o día e a hora do acto de entrega dos premios que terá lugar na cidade de Pontevedra.

 

Noraboa   Lucas, Irene, Javier, Jimena, Hugo, Tiago e Julia, e tamén a tódolos alumnos e alumnas de primaria por participar. Os vosos traballos son fantásticos. Se queredes coñecelos, preme na imaxe que leva ligazón.


 



venres, 10 de febreiro de 2023

O MONSTRO DOS LIBROS CHEGOU AO RESÍO

 

Este é o Meco da escola deste entroido, o MONSTRO COME LIBROS. Rapaces e rapazas, moito coidado, non lle deixedes estar na Biblioteca, senon comerase todos os nosos libros e revistas.

Hoxe venres, congregounos a rapazada mailo profesorado no patio  ás 13.50 para comezar a mandar. A partires de hoxe, todos os días, este monstro ordenará traer algo posto e nós debemos obedecerlle. Por iso pedimos a colaboración das familias para que axuden aos cativos e cativas a buscar os mandadiños do Meco.


 

 


POLO ENTROIDO... FILLOAS


 O alumnado do sexto curso de primaria, levou a cabo un obradoiro de cociña: Facemos filloas, e como non, o primeiro foi conseguir a receita e ilustrala. Como gozamos con este obradoiro!

martes, 31 de xaneiro de 2023

DÍA DA ILUSTRACIÓN, 30 DE XANEIRO

 Este é o décimo ano que en Galicia se celebra o día da ilustración, que conmemora o nacemento de Castelao. Este é o cartaz con tódalas actividades que se levan a cabo.


 

Este ano, faise homenaxe á pintora galega María Antonia Dans. 

O Día da Ilustración é unha iniciativa da Consellería de Cultura en colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI),

 

Na súa páxina, publican o seguinte video para coñecer un pouco a esta pintora.


 Na escola pedimos a colaboración das familias dada a coincidencia co día da paz e a non violencia. Agradecemos a vosa implicación e a gran participación do alumnado na iniciativa.Todos os debuxos achegados por vós, os metemos nun pequeno video que esperamos que vos guste.

 https://photos.app.goo.gl/xC653iiP28RSu7h59

Grazas!






luns, 30 de xaneiro de 2023

CANTANDO POLA PAZ

CHANZOS DE PAZ, PASOS POLA PAZ

 Hoxe se conmemora o día da non violencia, polo que na escola tivemos un acto moi especial. Logo de varios días traballando no obradoiro de imprenta, fixemos cos nenos e nenas maiores da escola un mural no recibidor da escola de verbas de paz.

 


Un gran traballo colaborativo no que todos aportamos o noso gran de area.

 


 

Por outra banda, ás 12h, concentrámonos diante dos chanzos do primeiro andar, para colocar uns fermosos cartaces con verbas de paz. Así, tódalas mañás ao chegar ao cole, subindo para as aulas lembramos moitos dos nosos propósitos e desexos.  Unha actividade moi bonita, da que vos deixamos unha fotografía. 


 

 

Xa para rematar, xuntámonos todos no patio de educación infantil para cantar a canción CAPAZ COA PAZ.

 


 

 

Para finalizar o día, en horario de tarde, CINE EN FAMILIA. Proxección da película Valiant. Éxito total, na biblioteca non collia nin un alfilete máis! Grazas por participar! 






COMUNICAR PAZ

 Agradecemento a todas as familias participantes nesta iniciativa de paz e refugallo.


 

venres, 27 de xaneiro de 2023

UNHA IMPRENTA ITINERANTE NA ESCOLA: ALOUETTE MACHINE

 Magnífica a experiencia vivida este xoves e venres de xaneiro na escola grazas a participación da escola no programa de Biblioteca Creativa, que a Consellería nos ofrece dentro do programa de Bibliotecas escolares.

PICO PENSA E CREA LINDO, fai que traballemos no mundo das letras, das palabras, da comunicación,... Recuperando o traballo artesanal da imprenta, Cris e Jeanba, explicaronnos en que consistía o funcionamento dunha imprenta. O proceso de copia é sinxelo. Trátase de facer pequenas pezas de metal cunha letra ou signo e colocarlo ao contrario, para elaborar o texto. Este feito sorprendeu, e nos primeiros intentos, as letras quedaban escritas do revés. Logo, acadaron escribilas correctamente.

Amosáronnos o material que traían na súa imprenta ambulante, ensináronnos a traballar coa tipografía. Fermosas tipografías que tiñan diferentes procedencias. Un pracer poder telas ao alcance da man.



Coas tipografías de madeira e de chumbo, mailas prensas, as tintas e os papeis, traballamos palabras e expresións de paz.

 

 Estivemos valorando a sorte que temos de vivir nun territorio onde reside a paz, nun tempo no que a guerra se atopa preto de nós, fainos reflexionar e desexar que pronto debe rematar, xa que non tiña nin que empezar.

 

 

 Neste obradoiro traballamos en equipo e creamos conxuntamente postais e cartaces de paz que imprimimos entre todos.


Agora, con todo o que imprimimos, esta semana faremos un fermoso mural colaborativo dun bosque de paz. Desexando ver o resultado dese obradoiro!