venres, 27 de xaneiro de 2023

UNHA IMPRENTA ITINERANTE NA ESCOLA: ALOUETTE MACHINE

 Magnífica a experiencia vivida este xoves e venres de xaneiro na escola grazas a participación da escola no programa de Biblioteca Creativa, que a Consellería nos ofrece dentro do programa de Bibliotecas escolares.

PICO PENSA E CREA LINDO, fai que traballemos no mundo das letras, das palabras, da comunicación,... Recuperando o traballo artesanal da imprenta, Cris e Jeanba, explicaronnos en que consistía o funcionamento dunha imprenta. O proceso de copia é sinxelo. Trátase de facer pequenas pezas de metal cunha letra ou signo e colocarlo ao contrario, para elaborar o texto. Este feito sorprendeu, e nos primeiros intentos, as letras quedaban escritas do revés. Logo, acadaron escribilas correctamente.

Amosáronnos o material que traían na súa imprenta ambulante, ensináronnos a traballar coa tipografía. Fermosas tipografías que tiñan diferentes procedencias. Un pracer poder telas ao alcance da man.



Coas tipografías de madeira e de chumbo, mailas prensas, as tintas e os papeis, traballamos palabras e expresións de paz.

 

 Estivemos valorando a sorte que temos de vivir nun territorio onde reside a paz, nun tempo no que a guerra se atopa preto de nós, fainos reflexionar e desexar que pronto debe rematar, xa que non tiña nin que empezar.

 

 

 Neste obradoiro traballamos en equipo e creamos conxuntamente postais e cartaces de paz que imprimimos entre todos.


Agora, con todo o que imprimimos, esta semana faremos un fermoso mural colaborativo dun bosque de paz. Desexando ver o resultado dese obradoiro! 


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario