domingo, 19 de decembro de 2021
PROPOSTAS DE NADAL 5º EI
sábado, 18 de decembro de 2021
luns, 13 de decembro de 2021
venres, 10 de decembro de 2021
BIBLIOTECA CREATIVA. KIT CREATIVO: POSTAL DE NADAL
martes, 7 de decembro de 2021
OBRADOIRO DE COCIÑA: PIZZA
Este martes, aproveitando o día entre festivo e festivo, o alumnado do sexto curso A, acompañados pola súa titora Begoña, baixaron ao Laboratorio das artes e das ciencias para cociñar. Dende primeira hora da mañá arrecendía polos corredores a pizza. Primeiro elaboraron a masa, e logo fixeron pizzas individuais botándolles os ingredientes que máis lle sabían. Eso sí, os ingredientes foron moi naturais.
Unha vez preparadas as pizzas, as enfornaron e... logo as paparon.
Estaba boísima!!!!!!
venres, 3 de decembro de 2021
SAÍDA DIDÁCTICA, NATURNOVA
O alumnado do terceiro e cuarto curso de primaria, puido volver a gozar dunha visita didáctica. Nesta ocasión foron a NATURNOVA, centro de educación ambiental. Aquí a rapazada puido despertar a súa curiosidade no coñecemento do mundo e gozar a través da ciencia da natureza.
Aproveitaron para ver algun dinosaurio a través da realidade aumentada, descubriron como se forma un tornado, e incluso se adentraron no fondo mariño dentro dun simulador de submarino.
xoves, 25 de novembro de 2021
DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Na nosa escola festexamos que todas as persoas, homes e mulleres, vivimos en igualdade.
Este curso, queremos facer coñecedora a toda a comunidade educativa do sinal de axuda . Este sinal de socorro é unha iniciativa dixital que xurdiu durante a pandemia para casos de violencia doméstica. Tamén é recoñecida como un sinal de axuda contra a violencia de xénero, a violencia machista, e calquera tipo de maltrato.
Agradecemos a vosa participación neste vídeo tan significativo. Esperamos que vos guste tanto como a nós.
mércores, 17 de novembro de 2021
MAGOSTO 2021
O pasado venres día 12 celebramos na escola o MAGOSTO!
Esta festa tradicional unida ao bo tempo e as ganas de troula fixeron que todo saíra estupendamente!
O primeiro que fixemos foi montar a castañeira.
Moitas grazas ás familias e ao noso porteiro, Carlos, polas saborosas castañas.
E parabéns a toda a rapazada polo seu comportamento!
Fixemos obradoiros nas aulas, xogos populares no patio e compartimos unha estupenda merenda de castañas. Logo deixamos todo recollido.
Aquí vos deixamos un resumo en imaxes desta fantástica xornada!
Tamén fixemos un programa de radio especial. Aquí tedes a ligazón.
luns, 15 de novembro de 2021
NA ESCOLA CREAMOS
Logo de dous meses traballando con Legos, seguindo instruccións, chegou o momento de crear. Tivemos que crear soportes para apoiar o noso dispositivo móbil e non lesionar as cervicais.
Estes foron os seus inventos:
E fixeron unha presentación e defensa dos mesmos diante dos seus compañeiros, analizando as debilidades e fortalezas do grupo de traballo.
Parabéns rapaces!
xoves, 11 de novembro de 2021
FACENDO ARTE
No laboratorio das artes e das ciencias algo está a artellarse. Que será?
mércores, 10 de novembro de 2021
ESCONXUROS DE SAMAÍN
Como manda a tradición, xa están aquí, todos os esconxuros das meigas e meigos do Resío no Samaín.
Porque na nosa terra, moitos males os solucionamos coa maxia.
Non todo ía ser cabazas e traxes!
martes, 9 de novembro de 2021
OBRADOIROS IGUALDADE
Ao longo destas dúas semanas, o alumnado da escola gozará dun ciclo de actividades de igualdade patrocinadas pola ANPA da escola e levadas a cabo polo gabinete da Psicóloga Andrea Sieiro Paz. Os técnicos implicados en Igualdade foron Abraham Herrero e Tereixa Paz.
O alumnado de infantil gozou dunha sesión de contacontos cunha duración aproximada dunha hora. Traballaron o conto Arturo e Clementina. Traballouse a prevención da violencia e a necesidade de ter un trato adecuado e respectuoso entre persoas.
O alumnado de primaria gozou dun obradoiro de multixogos reunidos pola Igualdade. Estiveron dúas horas traballando a diversidade e a corresponsabilidade.
O Equipo Docente agradece a colaboración da ANPA nesta actividade.
luns, 8 de novembro de 2021
OBRADOIRO DE COCIÑA EN 6º A
Para rematar a celebración do Samaín, no 6º A de primaria desenvolveron un obradoiro de cociña, no que elaboraron unhas boísimas chulas de cabaza.
Animádevos a cociñar na vosa casa!
domingo, 7 de novembro de 2021
Aprendemos a facer trazos con OZOBOT
Xornada divertida a vivida no primeiro curso de primaria traballando co robot OZOBOT. Debuxar trazos e acadar que o robot siga a liña, é moi divertido!

















