Amosando publicacións coa etiqueta DIA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta DIA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. Amosar todas as publicacións

martes, 25 de novembro de 2025

CELEBRAMOS O 25N: TECENDO UN MUNDO SEN VIOLENCIA

Hoxe, na nosa escola, vivimos unha xornada moi especial e profundamente significativa. O 25 de novembro é unha data que nos lembra a urxencia de construír un mundo libre de violencia, un mundo no que cada persoa poida vivir con respecto, dignidade e igualdade.

Durante máis de dez días, o alumnado coas súas familias,  estivo creando pequenos cadros tecidos que, esta mañá, se uniron no ximnasio para formar un gran tapiz no que se lía claramente 25N.

 Un símbolo colectivo que representa a forza da unión e o compromiso da comunidade educativa contra a violencia de xénero.

Mañá, as familias continuarán este labor cosendo os cadradiños, reforzando así a idea de que só xuntas e xuntos podemos tecer un futuro mellor.

 


Queremos agradecer a todas as familias, e de maneira especial ás avoas, avós, tías e tíos,... pola súa colaboración e para tecer os cadradiños de lá.

As fermosas verbas e frases enviadas, cheas de esperanza e rexeitamento á violencia,  recordáronnos que a educación e a palabra son ferramentas poderosas para transformar a sociedade.

Con emoción compartimos tamén o vídeo recopilatorio das familias participantes, desexando que algún día non sexa necesario seguir conmemorando esta data porque a violencia xa non exista.



Logo, Ana, a Xefa de Estudos, presentounos aos seus amigos, do grupo ACORDEIRETA, formado por Alex Balbuena, que toca o acordeón e  Patricia González que toca  a pandeireta, de ahí o seu nome. 

E a que viñeron á escola?

Eles trouxéronnos un agasallo moi especial:  a estrea do Videoclip do    "Canto de Esperanza", como primicia para a nosa escola posto que hasta hoxe, 25 de santos non se "presentaba en sociedade".

 Este canto foi escrito pola poeta Raquel de Alxén e acompañado polas pandereteiras A Buxaina. 

 

Foi un privilexio contar con eles na escola e poder gozar, xunto ao alumnado e profesorado, dun acto tan fermoso e cheo de sentido.

Grazas a todas e todos por facer deste 25N unha celebración de compromiso, unión e esperanza.


GRAZAS!

 Este é o videoclip, marabilloso!

Coñecedes a alguén nel? 

 

Agora poderedes gozar da presentación de Alex e Patricia do canto ante o alumnado da escola. Un pracer contar con vós na nosa escola.


 

 

 


venres, 24 de novembro de 2023

25 DE SANTOS DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

 Non temos mellor xeito de manifestar o noso rexeitamento a violencia, que manifestalo todos xuntos.


 

A nosa comunidade educativa elaborou un video colaborativo.  Familias, grazas pola vosa axuda.


 

xoves, 25 de novembro de 2021

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

Na nosa escola festexamos que todas as persoas, homes e mulleres, vivimos en igualdade.


 

Este curso, queremos facer coñecedora a toda a comunidade educativa do sinal de axuda . Este sinal de socorro é unha iniciativa dixital que xurdiu durante a pandemia para casos de violencia doméstica. Tamén é recoñecida como un sinal de axuda contra a violencia de xénero, a violencia machista, e calquera tipo de maltrato.


Agradecemos a vosa participación neste vídeo tan significativo. Esperamos que vos guste tanto como a nós.