luns, 8 de febreiro de 2021

#MonicrequesNaCasa(3)

A familia Abelleira sorpréndenos con CARAPUCHIÑA 2.0. Moitísimas grazas!, sodes uns artistas!.

#MonicrequesNaCasa(2)

Chega a quenda da FAMILIA CASTRO GARCÍA, que bonita representación, moitísimas grazas!.

#MonicrequesNaCasa

Chegan as primeiras produccións de  #MonicrequesNaCasa. Fenomenal a creatividade das familias.

Comezamos coa familia ALONSO RODRÍGUEZ.

GRAZAS!

venres, 5 de febreiro de 2021

OGROVIRUS, O MECO DO RESÍO

 Parece mentira pero,... xa é tempo de Entroido. O tempo pasa e xa estamos preparados para gozar desta festa tan tradicional.

Hoxe apareceu un monstro na escola, verde, e moi feo, uns pensan que é un moco, outros que é o COVID-19, outros... O certo e que é un vilán, un vilán dos contos, é un OGRO. 

Todos teñen razón, é o...

OGROVIRUS 

Hoxe xa comezou a facer das súas, e deunos un mandadiño, aquí o tedes, en tempo de pandemia temos que facer unha retransmisión, non podemos xuntarnos, polo tanto, temos un MECO virtual. 

 https://youtu.be/COtJBkqI9rk



 

 


 

xoves, 4 de febreiro de 2021

UN SER DOUTRO PLANETA CHEGOU Á ESCOLA

 De quen será este ollo?


De quen será este nariz?

 



De quen é esta boca?

 



Será do lobo do conto de carapuchiña?

NON, É O MECO, O SR. OGROVIRUS.


 

mércores, 3 de febreiro de 2021

MOCHILAS CONTISTAS

 Familias, por fin saen da escola as...

 MOCHILAS CONTISTAS!

Este curso costounos moito montar a mochila, e temos que agradecer enormemente á ANPA  a fabricación duns fermosos teatriños para que en familia deixedes voar a vosa imaxinación e crear fermosas historias para gozar delas na escola.

Esperamos as vosas creacións!






domingo, 31 de xaneiro de 2021

DÍA DA PAZ 2021, BICOS E APERTAS.

 O prometido é débeda,  o venres celebramos na escola o DÍA DA PAZ. Todos os anos xuntabámonos no patio para cantar unha canción; este ano, non ía ser menos, para celebralo adaptamonos as novas circunstancias pola COVID-19, e... cantando todos ao unisono nas nosas aulas, e coa axuda das novas tecnoloxías... esto é o que sucedeu. 

venres, 29 de xaneiro de 2021

DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA


Hoxe conmemoramos na escola o DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA, unha celebración moi especial que levamos preparando coas familias dende hai días. 

Grazas, pola vosa axuda, grazas pola vosa colaboración, grazas...

Neste ano tan especial, no que as celebracións conxuntas non están permitidas, e nun momento de alto risco sanitario, decídese facer unha celebración nas aulas coa colaboración das familias. 

FAGÁMOLO XUNTOS!

Moitas, moitísimas as fotos e preciosas todas e cada unha delas, para formar entre este marabilloso equipo da comunidade educativa do Resío, este fermoso agasallo de paz.

Contamos coa aprobación de CÉ ORQUESTRA PANTASMA, para utilizar as súas cancións na montaxe.

Esperamos que vos guste tanto como a nós!

 https://youtu.be/BKZnzGbE3NQ


 
 


Nas aulas, entre todos, tamén temos unha pequena sorpresa. Esperade un pouco, en breve, vola subimos.

mércores, 20 de xaneiro de 2021

TERCEIRA CARTA: PERSONAXES OKUPAS

 

Unha terceira carta chegou á escola,   por fín descubrimos o misterio de Picolindo. Él proponnos un RETO EN FAMILIA. Esta é a nosa proposta:
  1. Elexide algunha  personaxe  de conto. Debuxádea na folla do concurso.
  2. Buscade un recuncho de Vigo, onde imaxinedes que a vosa personaxe lle gustaría vivir. Podedes imprimir unha foto e colala na folla do concurso ou debuxala.
  3. Recortade as personaxes dos contos debuxadas e coládea no debuxo ou fotografía elexida.
  4. Agora tedes que imaxinar e entre todos, redactaredes a historia que inventedes coas personaxes do conto e o lugar elexido para vivir.
  5. Debedes utilizar sempre as follas de participación no concurso.
  6.  Coidade a orde e limpeza do traballo entregado.
  7. A historia ten que estar redactada en galego.
  8. Animádevos a participar;  é moi divertido!
  9. O prazo de entrega é ata o xoves 18 de febreiro, xusto á volta das vacacións de Entroido.
  10. Haberá premios pola participación, pola orixinalidade,  a creatividade, a ilustración,...

Aquí tedes algún exemplo:





 CANTAS HISTORIAS IMOS CREAR!

martes, 19 de xaneiro de 2021

OUTRA CARTA: REBUMBIO NOS VITRASAS


 Iago non podía crelo, hoxe, volveu atopar a caixa de correo chea de cartas, de novo, cartas escritas pola nosa mascota, Picolindo; todas dirixidas aos rapaces de todas as aulas da escola. Primeiro púxose triste, él tamén quería unha carta, e logo pediulle a unha mestra que lle contase o que acontecera nos vitrasas, pois o día anterior estivo limpando a biblioteca coa fregona e os rapaces enfadaronse con él cando baixaron á biblioteca a ver as pegadas das personaxes dos contos e él lles contou que as limpara coa fregona, pois él non sabía nada do acontecido.

Cando as mestras leron esta intrigante carta,  os rapaces comezaron a pensar, a indagar, ... Os mestres pedimosvos que  nas casas lles axudedes pero... 

                              ONDE ESTÁN?

luns, 18 de xaneiro de 2021

CHEGA UNHA CARTA ÁS AULAS DO RESÍO: DESAPARICIÓN NO RESÍO

 
Hoxe, o noso porteiro Iago, estaba moi nervioso cando chegamos á escola. Como tódalas mañás, foi abrir a caixa de correo e... parecía que levaba semanas sen abrila. A  caixa de correo estaba chea de cartas; ían dirixidas as distintas aulas da escola e estaban escritas pola  nosa mascota, Picolindo. 

Queredes saber o que nos escribiu?


domingo, 17 de xaneiro de 2021

ESTUDAMOS A PRADEIRA MARIÑA

 O alumnado do 5º e 6º cursos de E.P. recibiron o mércores 13 a unha experta do CEIDA na escola. Verónica, que así se chama, explicoulles que é unha pradeira mariña e fíxolles ver a sorte que teñen por vivir moi preto de unha. A charla foi moi interesante!!!

O venres 15, o mesmo alumnado, acompañado de catro expertos do CEIDA, visitaron, coñeceron e estudaron a pradeira mariña de Bouzas. Desenvolveron unha interesantísima investigación. Esta, continuará no mes de marzo cunha nova visita á pradeira da praia de Bouzas para ver e analizar os cambios ocorridos nestes meses. 

 

 
Aquí podedes velos desenvolvendo

a súa investigación.





 Mesmo descubriron unha posta de chocos!!!

Coñeceron as plantas mariñas con flor e aprenderon a distinguilas das algas. Observaron a cantidade de plantas que hai e mesmo calcularon a porcentaxe de cobertura de plantas.

Aproveitaron, tamén, para recoller todo o lixo que atoparon.

por se queredes saber máis do CEIDA: 

                     PREME AQUÍ

 

domingo, 27 de decembro de 2020

DESCUBRIMOS A GIANNI RODARI

 Ola , familias !

Supoño que despois destes días solleiros, tivestes tempo de dar uns paseíños por Bouzas e por Navia e atopastes os Carteis do Xogo :  Descubrimos a Rodari que están situados en diferentes lugares das dúas parroquias.


Se queredes xogar, seguide estes pasos:

- Saíde da casa cun móbil e a Carta de Xogo co plano dos lugares onde hai cartel.( Bouzas e Navia). 


- Cando atopedes algún deles, tomade nota do número que ten ese cartel e lede o código QR co móbil que vos levará a un vídeo.

- Veredes un vídeo de nenas e nenos do colexio falando sobre un conto de Rodari , a cada cartel correspondelle un vídeo distinto . Hai 14.

- Mirade na parte de atrás da Carta de Xogo onde aparecen os libros, relaciona o que contan no vídeo con algún dos contos .

-Entrade aquí no blogue e escribide abaixo en Comentarios as respostas : número de cartel co título do conto . 

Non esquezades poñer o voso nome !!!

Non é necesario encontrar os 14 , pero cantos máis mellor, mais Pikeuros conseguiredes. Podedes entrar a comentar cantas veces queirades. Os comentarios non se farán públicos ata rematado o xogo á volta das vacacións.

Felices paseos !,

 Felices contos ! 

e ....    

 BO NADAL!




mércores, 23 de decembro de 2020

AGASALLO DE NADAL

 Unha fermosa árbore colaborativa, para a porta de entrada da escola. Grazas familias pola vosa colaboración para elaborar entre todos unha fermosa ÁRBORE DE NADAL.

 


Con ela mailos debuxos do alumnado, seleccionados tras un proceso totalmente democrático, unha agarimosa POSTAL DE NADAL.

 






martes, 22 de decembro de 2020

FESTIVAL DE NADAL

 Benqueridas familias, chegou o día, hoxe, por primeira vez, e por mor dunha pandemia mundial, temos que facer un FESTIVAL DE NADAL VIRTUAL.
 O alumnado nas aulas estivo a preparar con moito agarimo o seu agasallo de Nadal, unha marabillosa actuación que foi gravada nestes días para presentar hoxe ás 10.30h. e poder gozar con él en todas as aulas de xeito simultáneo.
 
 
Aquí vos deixamos a ligazón as fotografías do evento. 
 
PREME NA IMAXE

 
Grazas por toda a vosa colaboración e paciencia neste trimestre tan "especial"

BO NADAL!