No día de hoxe, o alumnado da aula do quinto curso de infantil, deron unha fermosa conferencia sobre a evolución da fotografía ao longo da historia.
Coa axuda da profe Maricruz e a colaboración das familias, os nenos contaron que a cámara escura é o antecedente da fotografía, xa dende os gregos, con Aristóteles.
Dende a primeira publicación sobre a cámara escura ata as cámaras dixitais de hoxe en día e tódolo dispositivos que temos ao noso alcance para poder realizar fotografías.
Remataron a súa expososición cunha fermosa canción/karaoke.
Á volta das vacacións de Semana Santa poderedes gozar dunha exposición con todo o material elaborado.
Fermosa conferencia a impartida no día de hoxe polo alumnado do cuarto curso de educación infantil, ao resto do alumnado.
Comezaron explicando que é a escultura, para xogar con todos nós a adiviñar as esculturas máis significativas ao longo da historia, para centrarse logo nas esculturas máis representativas da nosa cidade.
A súa conferencia remata cun baile moi simpático sobre as estatuas. Deixamos aquí a mostra do mesmo.
A partires do día de hoxe, desenvolvense novamente na escola as xornadas
de expertos. Este é xa o sétimo ano consecutivo no que desenvolvemos con
estas conferencias o noso proxecto anual.
Nenos e nenas de toda a escola, nas súas aulas especialízanse sobre algún tema, neste curso son as ARTES,
para logo explicar nas conferencias aos demais nenos da escola, a súa investigación.
Coa chegada da Primaveira, chega á escola o día da poesía. No cole continuamos a traballar co proxecto AGASALLA POESÍA, que leva funcionando na biblioteca dende hai moitísimos anos. Os nenos , nenas e mestres, aproveitan pequenos tempos de lecer para preparar poesías que lle adican aos seus compañeiros, mestres e alumn@s.
Nestes días, todos debemos pasar pola biblioteca e facer unha sinxela pregunta:
HAI VERSOS PARA MÍN?
e case sempre atopamos un agasallo en forma de poesía.
O alumnado de sexto aprendeu algún poema de GLORIA FUERTES, para deleitar aos máis cativos. Esperamos que vos gusten.
Conmemorando o día da Muller, imos a coñecer a unha que fixo que a nosa vida goce do mundo da información. Ada Lovelace é a precursora dos computadores.
Esta mañá a nosa alumna INGRID CAAMAÑO TUBIO, recibiu de mans do Sr. Alcalde, D. Abel Caballero un diploma e diversos agasallos pola súa participación no concurso de debuxo organizado por Vigolandia.
Esta distinción é un gran premio ao teu esforzo.
Hoxe foi o día Internacional da Muller e o noso alumnado xunto co seu profesorado celebraron un acto na pista deportiva da escola de 12:00 a 12:30, coincidindo coa folga convocada en contra da violencia contra as mulleres. Neste acto, conmemorouse a loita das mulleres pola participación , en pé de igualdade co home, na sociedade e no seu desenvolvemento como persoa.
A semana pasada celebramos o Entroido no cole. O meco mandounos cada día
vir dunha maneira especial: calzado diferente, un mandil, pixama ou bata, obra de arte no corpo... e o venres viñemos vestidos co noso disfraz artístico.
Os máis pequeniños, que representan a escultura, disfrazaronse de estatuas da liberdade, os de catro anos, que representaban a fotografía, disfrazaronse de cámara, os de cinco anos atoparon no noso traxe rexional o mellor xeito de representar a danza. Xa en primaria, os nenos e nenas do primeiro curso, que son expertos na arquitectura, representaron, coa axuda dos seus pais, diferentes monumentos, un castro,cos seus habitantes, o Pazo Quiñones de León, a Catedral de Santiago, os edificios do Gaias,..
Os de segundos centraronse en Miró, como representante da pintura, os de terceiro, eran claquetas, xa que o cine e o seu tema. Os de quinto eran unha Oda á Musica, e os de sexto Mimos, pois son expertos no teatro.
A realidade é que estabamos
todos moi guapos e moi simpáticos.
Como sempre fomos ata a Alameda de
Bouzas (Alameda Suarez Llanos), sacamos unhas fotos e ao volver ao cole fixemos o tradicional
XUIZO DO MECO. Logo, comimos os postres
típicos que fixeron as nosas familias. E para finalizar tocou xogar e
bailar!
GRAZAS
ÁS FAMILIAS COLABORADORAS, SEN ELAS NON SERÍA POSIBLE O PASARRÚAS, pois
a policía local, deunos o permiso de interromper o tráfico pero non nos
acompañou, o que dificultou o desfile. A pesares diso, pasámolo
fenomenal.
O pasado venres día 17, nun acto celebrado en Madrid, a nosa escola recibiu unha mención honorífica polo traballo desenvolvido pola mestra MARÍA CARBALLO TUBÍO, durante o curso pasado baixo o título de YOGA-EMOCIONA.
Na seguinte ligazón podedes ver o discurso de agradecemento da profe.
Como cada ano, o meco segue a facer das súas e fixo que nenos e nenas, mestres e mestras, grandes e pequenos, todos viñeramos á escola con bata ou pixama. Ademais sorprendeunos a todos co seu adobío.
Benqueridas familias, o Entroido está aqui, agardamos que esteades preparados para gozar cos vosos fillos e fillas destas datas tan divertidas.
Na escola, xa comezamos hai días a deseñar os nosos traxes e como non... entre tódolo alumnado de educación primaria deseñamos o novo MECO DA ESCOLA.
Este ano é un meco moi artístico, sabedes por que?.
AMARELO,
PARA O CABELO.
VERDE,
PARA OS OLLOS,
PALETINAS,
PARA OS BIGOTIÑOS
E ESPONXAS
PARA OS SEUS MOFLETIÑOS.
HOXE, O ALUMANDO DO PRIMEIRO CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA, PARTICIPOU NUN OBRADOIRO DE MAQUILLAXE.
O noso compañeiro Miguel González de 3º de Primaria conseguiu o noso recoñecemento pola súa creación literaria "Metal Enderman" unha historia de medo que gustounos a todos. Esperamos que gocedes dos primeiros capítulos e non dubidedes en pedirlle que vos lea o resto da historia, Miguel é un contacontos fantástico!!
Logo dunha semana chea de actividades: proxeccións, decoramos o cole con
un precioso mural cheo de mans de paz, e unha fermosa actividade de investigación, a hora de ler foi dun xeito especial, lecturas de paz dos maiores aos mais pequenios. Logo cantamos a cantiga dos bicos e dos abrazos, todos nos dimos unha aperta especial.
A escola está de noraboa e todo grazas ao traballo desenvolvido por unha das mestras da escola. María, vén de recibir un premio de Boas Prácticas Educativas co proxecto de traballo desenvolvido o pasado curso escolar no sexto curso de educación infantil YOGA-EMOCIONA.
O día 17 estaremos todos contigo en Madrid, non físicamente, pero si moralmente e aplaudindo fortemente polo teu traballo.
Grazas.