Amosando publicacións coa etiqueta EI. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta EI. Amosar todas as publicacións

luns, 22 de setembro de 2025

UNHA VENDIMA MOI ESPECIAL

O alumnado de Educación Infantil estivemos vendimando. Recollemos as uvas, pisámolas e fixemos mosto.

Estaba boísimo! 

Sen dúbida unha experiencia para repetir!

A actividade de pisar e tocar as uvas constitúe unha experiencia sensorial moi enriquecedora para o alumnado. A través da manipulación directa deste elemento natural, os pequenos teñen a oportunidade de explorar diferentes texturas, temperaturas, formas e sensacións, favorecendo o desenvolvemento dos seus sentidos e a aprendizaxe a través da experimentación.



O contacto coas uvas mediante as mans e os pés estimula especialmente os sentidos do tacto, da vista e mesmo do olfacto, permitindo que os nen@s descubran unha tradición cultural tan importante na nosa comunidade como a vendima. O feito de pisar as uvas contribúe ao desenvolvemento da coordinación motriz, do equilibrio e da conciencia corporal.

Esta  actividade favoreceu tamén a curiosidade, a observación e a capacidade de expresión, xa que  verbalizaron as súas  sensacións.








xoves, 7 de novembro de 2024

ROBÓTICA EDUCATIVA COS MÁIS PEQUENIÑOS DA ESCOLA

 O alumnado do cuarto curso de Educación Infantil, traballaron na aula STEAM co xogo "Code&Go Robot Mouse"

Os cativos programan os movementos do rato, quen lle permite aprender os fundamentos da codificación sen necesidade dun computador ou pantalla. 

Foi unha actividade moi divertida! Fixemos túneles e creamos laberintos para o noso rato.