Amosando publicacións coa etiqueta ANIMACION LECTORA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ANIMACION LECTORA. Amosar todas as publicacións

xoves, 15 de maio de 2025

CONTANDO HISTORIAS, OS MAIORES AOS PEQUENOS

 

Hoxe, as alumnas de 6º de Primaria Leticia, Clara, Amanda e Cloe, ofreceron unha fantástica actuación para os máis pequenos coa técnica do "kamishibai"; unha forma de contar historias que xurdíu nos templos budistas de Xapón no século XII, e que tiñan unha finalidade moralizadora. 
 Moitas grazas!



 


 

luns, 28 de abril de 2025

EVA MEJUTO NA ESCOLA

 

 Hoxe tivemos a sorte de contar con Eva Mejuto na escola. Estivo acompañando na biblioteca ao alumnado do quinto e sexto curso de Educación Primaria e  ao alumnado de educación infantil.

Hoxe choveron gatos na biblioteca do Resío!!!!
Falamos con @evamejuto do seu estupendo e divertido libro...
Foi xenial e ata nos deu algunha primicia que non imos contar 

Nós versionamos a portada e sorprendemos moitísimo a Eva.