venres, 29 de maio de 2026

HOXE VISÍTANOS... RAMÓN CARIDE

 O gran Ramón Caride, ven falarnos do libro "O misterio das zocas". Este escritor naceu en Cea no 1957. Estudou Bioloxía en Santiago e traballou como profesor de secundaria. É un prolífico escritor que ten cultivado diversos xéneros como a poesía, narrativa para nenos e adultos e o ensaio.

A súa primeira novela publicouse en 1990, Dende entón xa van publicadas varias ducias de libros. Pola súa produción de literatura infantil e xuvenil, foi recoñecido co Premio Merlín. Outros premios foron o Risco ou o Café Dublín, polas súas publicacións de ciencia fición.

Ramón é un dos fundadores da revista A Santa Compaña de Cambados. e tamén ten colaborado como columnista para El Mundo, Faro de Vigo ou O Correo Galego.

Hoxe acudiu a nosa escola para contarnos como escribiu O MISTERIO DAS ZOCAS, da EDITORIAL XERAIS. Falabamos da asombrosa historia de misterios e feitizos.

 



Ningún comentario:

Publicar un comentario