luns, 23 de marzo de 2026

A RECONQUISTIÑA

                                                                                                           

                                                      Por fin chegou o día, logo dun tempo preparando a nosa participación. Grazas por deixarnos gozar deste acto tan marabilloso.

Un día solleiro para Reconquistar Vigo.


Sabedes que é a Reconquistiña, non si?

A Reconquistiña é unha celebración adaptada para os máis pequenos inspirada na Reconquista de Vigo, acontecida en 1809, cando a vila conseguiu expulsar ás tropas napoleónicas. A través de xogos, representacións, obradoiros e actividades lúdicas, o alumnado achégase á historia da cidade dunha maneira divertida e participativa. Esta proposta permite coñecer as tradicións locais, fomentar o sentimento de pertenza á comunidade e aprender a valorar o patrimonio histórico e cultural de Vigo. Ademais, promove a convivencia, a colaboración e a aprendizaxe a través da experiencia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario