Hoxe deron comezo as XORNADAS DE EXPERTOS na escola, onde cada curso imparte unha conferencia, conta o seu PROXECTO de traballo sobre
O RESÍO A ESCENA
Os nenos e nenas do segundo curso de primaria foron os encargados de inaugurar estas xornadas tan especiais na nosa escola. Xa levamos 14 anos desenvolvéndoas. Podemos asegurar que esta é unha EXPERIENCIA ÚNICA na que a rapazada expresa as súas ideas en público, superan emocións como a vergoña e o medo escénico... traballan competencias e adquiren aprendizaxes funcionais que lles servirán para toda a súa vida!!
Esta primeira conferencia é a de EXPERTOS NA ÓPERA.
Gozade co video e imaxinade todas as emocións vividas nese momento!
Parabéns polo voso traballo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario