martes, 3 de decembro de 2024

3 de nadal DIA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

 Hoxe, no tempo de lecer desenvolvemos un obradoiro de decoración de paraugas co obxectivo de concienciar sobre a situación destas persoas e buscar a eliminición de barreiras que dificultan a súa inclusión. 

BAIXO UN MESMO PARAUGAS, 

foi o lema utilizado para a elaboración do photocall.




Xa na hora de ler, a alumna do sexto curso CLARA SILVA FRIAS, desenvolveu un fermoso contacontos co alumnado de Educación Infantil. Contoulles o conto : "El paraguas de cebra".

Grazas, Clara!


 

 

Por outra banda, o luns mailo martes o alumnado do primeiro ciclo e educación infantil gozou dun obradoiro intercentros co CEE. SAN RAFAEL, onde desenvolveron un obradoiro de adobios de nadal, e aproveitaron para visitar e gozar do gran Belén creado neste centro educativo. Grazas pola vosa acollida! 








 Por certo, gozamos dun bo paseo por rúas case descoñecidas do noso barrio.

 


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario