O alumnado do terceiro curso de primaria, xunto coa súa titora, Susana estiveron a elaborar papel reciclado. Para poder facelo precisaron os seguintes materiais:
- Papel de xornal ou papel usado
- Auga
- Batedora
- Esponxa
- Marco con pantalla ou malla con colador
- Unha tina
- Prensa ou peso.
A rapazada rompeu pepel usado en anacos pequenos e os puxeron nunha tina con auga.
O deixaron reposar moitas horas para que o papel amolase. Coa batedora, mesturaron todo ata que obtiveron unha masa uniforme. Verteron a pasta sobre o marco e a estenderon uniformemente.
Logo drenaron a auga presionando lixeiramente cunha esponxa.
Colocaron un pano de cociña sobre a pasta para absorber a auga restante.
Finalmente, deixaron secar completamente antes de retirar o papel do marco.
Neste proxecto traballamos a concienciación ambiental, explicándolle aos cativos a importancia da reciclaxe e o coidado do medio ambiente. Ademáis desenvolvemos a motricidade fina e a coordinación a través da elaboración do papel.
A actividade de facer papel reciclado foi moi divertida e gratificante para os nenos e nenas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario