A CHEGADA DO PLÁSTICO GRANULADO A GALICIA.
Seguindo a dinámica de traballo do tema anual da escola do Resío, UN PLANETA CHEO DE VIDA, e impactados tralos últimos acontecementos nas nosas praias, decidiuse traballar coa cativada un mini proxecto do granulado.
Este obradoiro ten como obxectivo principal fomentar valores de ecoloxía e convivencia positiva entre o alumnado do grupo clase a través da creatividade.
A rapazada é a protagonista do obradoiro: realizará tódolos pasos do proceso creativo.
A actividade levouse a cabo en catro pasos:
- 1. Falouse do problema xurdido nas costas galegas, aproveitando a lectura do xornal.
- 2. Cada grupo, seguindo dinámicas de pensamento colectivo, definiu unha mensaxe que querían plasmar.
- 3. Os rapaces fan a súa propia edición do traballo que queren desenvolver utilizando distintos recursos plásticos, postos ao seu dispor.
- 4. Presentación do cartaz aos seus
compañeiros, explicando as técnicas utilizadas na súa composición, e a mensaxe ecolóxica
que queren transmitir.
Ningún comentario:
Publicar un comentario