Este venres día 10, celebrouse na
escola a tradicional festa do Magosto. Esta festa non sería posible sen mamás, papás, avós e avoas ,profes e ANPA que con agarimo prepararon todo para gozar dunha fermosa mañá.


Os mestres prepararon moitos xogos e obradoiros, a ANPA mercou castañas para a festa e un grupo de familiares colaboraron nos xogos e asaron todas as castañas. O tempo non acompañou, pero o Magosto foi todo un éxito.
En equipos interniveis, os rapaces desfrutaron de xogos populares, peóns, zancos, carreira de sacos, tiro da corda, tragacastañas, varrecastañas, circuíto de castañas, a chave, pinta o magosto, baile, ... Foi un sen parar, so botamos en falla o veraniño de San Martiño.
 |
CIRCUÍTO DE CASTAÑAS
|
 |
PREPARADOS PARA O XOGO
|
 |
TIRO DA CORDA
|
 |
CARREIRA DE SACOS
|
 |
PEONS |
 |
VARRE CASTAÑAS
|
 |
PINTANDO O MAGOSTO
|
 |
TIZNAMOS A CARA
|
MOITAS GRAZAS, FAMILIAS COLABORADORAS!
MOITAS GRAZAS, ANPA!
Ningún comentario:
Publicar un comentario