VI Edición do CONCURSO DE MICRORRELATOS DE MEDO E MISTERIO
Chegando o tempo do outono e como preparación para o Samaín, presentamos a sexta edición do Concurso de Microrrelatos de Medo e Misterio, no que o alumnado e as súas familias teñen a oportunidade de participar e mostrarnos o seu talento narrativo.
As diferentes CATEGORÍAS nas que poden participar os vosos relatos son:
- AUDIO: Poderán presentarse a esta categoría os microrrelatos gravados nun audio.
Animámosvos
a participar nesta categoría! É moi sinxelo: pensa nun bo tema, escribe
o guión e grávate! A túa historia publicaráse nos programas de Radio
Resío que se emitan durante este outono.
- VÍDEO: Participarán nesta categoría os relatos que fagan un pequeno relato audiovisual en formato Vídeo.
Fai a túa curta! Móstranos o Alfred Hitchcock que levas dentro.
Fíxate ben nas normas que hai establecidas para ambas as dúas categorías. Que non quede fóra a túa historia por un pequeno despiste!
NORMAS para os relatos:
1- Estes pavorosos microrrelatos terán que estar elaborados en Lingua Galega.
2- O tema ten que ser de medo ou de misterio.
3- Deben de ter unha duración máxima de DOUS MINUTOS.
4- Poden realizarse nas modalidades de Audio e de Video.
5- Tedes que envialos por unha destas canles:
· E mail: juanlf@colexiorocio.com
· WhatsApp da nosa escola 658715569
· Traer á escola nun Pen drive
6- A data límite para entregar os vosos relatos será o LUNS 23 de outubro ás 23:59h.
Os microrrelatos de misterio e medo serán avaliados tendo en conta os seguintes criterios:
CRITERIOS DE PUNTUACIÓN
-A corrección idiomática
-Os efectos especiais
-A participación do alumnado
-A entonación e interpretación
-A estrutura do relato: inicio, nó, e desenlace. (Non ten que ser necesariamente nesa orde!)
O
martes 31 de outubro teremos a estrea oficial dos microrrelatos
finalistas e coñeceremos aos autores destas terroríficas creacións.
Haberá uns horribles e monstruosos premios para os finalistas e gañadores das diferentes categorías do concurso.
Agardamos a vosa participación!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario