mércores, 17 de maio de 2023

17 DE MAIO, DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Hoxe foi un día especial, un día no que se fixo na escola a celebración dos Maios e das Letras Galegas, na que se homenaxeou ao editor, xornalista, investigador e presidente da RAG, FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO.

 Nas aulas aprendemos moitas cousas del, e en grupos colaborativos fixemos un quebracabezas coa súa imaxe. Foi moi divertido.



Comezamos a mañá facendo unha selección do fiuncho, xestas, pampillos e outras flores, aportadas polas familias, que foron distribuídas polas aulas coa axuda do alumnado do sexto curso. De 9 a 11.30, fixeronse as cadeas de pampillos, a preparación do maio, e cada aula preparou as pezas do crebacabezas que lle correspondían.

Logo do tempo de lecer, concentrámonos no patio de infantil, montamos o maio coas grilandas preparadas nas aulas.

 


 Cantamos unha canción ao maio e fixemos a tradicional procesión polas instalacións da escola acompañados polos músicos.


 


 

Logo montamos entre todos o crebacabezas.



E amenizados pola Banda de Música do Resío, tivo lugar o tradicional Baile das Fitas, levado a cabo, coma sempre, polo alumnado do cuarto curso de primaria.


 

 Que ben o fixeron!

Grazas á axuda de , dos antigos alumnos Gabriel e Kayim, e dos musico mestres da escola, puidemos bailar unhas pezas, e para finalizar o acto, cantamos entre todos o  Himno Galego.

  


Grazas familias por participar!

As imaxes da festa están todas na seguinte ligazón:

IMAXES LETRAS GALEGAS E MAIOS 2023

 


Ningún comentario:

Publicar un comentario