luns, 25 de outubro de 2021

DÍA DA BIBLIOTECA 2021

 Hoxe celebramos na escola o DÍA DAS BIBLIOTECAS que como cada ano e dende o 1997, conmemorase o 24 de outono. A edición deste ano ten o lema:


“Bibliotecas: ler, aprender, descubrir”
 
quere indicar que "as bibliotecas son espazos libres, diversos e abertos para o acceso á cultura e ao coñecemento, a partir da lectura e do conxunto de recursos que permiten a aprendizaxe e posibilitan o descubrimento doutras ideas, outras persoas, outras culturas e outros mundos".
As bibliotecas escolares son unha ferramenta ao servizo da comunidade educativa ofrecendo recursos, información e apoio. 
Na escola, fixemos un acto ás 12.20h. Concentrámonos todos no patio de educación infantil, e Picolindo, a nosa mascota fixo entrega dos carnets de biblioteca ao novo alumnado, cun tríptico explicativo do funcionamento da mesma. Aos máis cativos lles entregou a carpeta de usuario e ás aulas entregoulles ás mochilas viaxeitas. Aproveitou a ocasión para amosarnos a nova MOCHILA VIGUESA, que levaremos nuns días para casa e nos amosou os materiais dos que disporemos.
Para rematar o acto, lembroulle á rapazada que a biblioteca está aberta todos os días, agás o martes, de 4 a 6 h. e lles amosou o contido da mesma na que atoparán moitas sorpresas.

Na seguinte ligazón poderedes acceder ás imaxes do evento.

Este curso, o lema das bibliotecas escolares de Galicia A BIBLIOTECA ESCOLAR TEN A PALABRA , quere poñer o foco na palabra e na oralidade. Este lema é aproveitado por algunhas das bibliotecas para esta celebración.  
 

 

 
 



 


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario