O pasado mércores día 5 e hoxe, o alumnado do sexto curso de primaria levaron a cabo uns obradoiros tecnolóxicos e manipulativos impartidos por alumnado da Universidade de Vigo, cos títulos:
"TE LO CUENTAN LOS MAPAS"
"TE LO CUENTA UNA AVIADORA"
Grazas á Nerea, o alumnado foi quen de descubrir como se poden medir as distancias e cal é o camiño máis curto nunha viaxe. Traballouse no taller manipulativo cun globo terráqueo hinchable, unha cinta métrica, un mapa e unha ficha de medidas.
No obradoiro tecnolóxico traballouse o programa GEOGEBRA mailo globo terráqueo.
So queda pendente un encontro virtual cunha científica. Agardamos por él.
Pasámolo estupendamente e queremos agradecer á UVIGO por acollernos nesta iniciativa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario