Hoxe, 17 de maio, celebrase o DÍA DAS LETRAS GALEGAS. Este ano dedícase á escritora XELA ARIAS. Para dar a coñecer un pouco a esta autora, na escola montamos o "TENDAL DE XELA", iniciativa levada a cabo pola maioría de Equipos de Normalización Lingüística da zona.
Se nos detemos a lelo, descubriremos que XELA ARIAS naceu o 4 de marzo de 1962 na Granxa e Barreiros, en Sarria (Lugo), lugar onde o seu pai era mestre. Estudiou en Fingoi (Lugo) e rematou os seus estudos de primaria no CEIP SÁRDOMA-MOLEDO, na nosa cidade, Vigo e estudou o Bacharelato no IES. Castelao. Rematado o Bacharelato entrou a traballar na Editorial Xerais, polos seus coñecementos do galego.
Foi escritora, traductora, e profesora de Secundaria, impartindo clases de Lingua Castelá e Literatura. Escribiu poesía.
O mércores 19, conmemoraremos na escola o DÍA DA NOSA LINGUA, onde unha morea de alumn@s de infantil e primaria actuarán e recitarán diante dos nenos, nenas e mestr@s da escola en homenaxe a Xela Arias.
FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!
- As LETRAS GALEGAS nos Barrios, na Alameda dende ás 12h do sábado 15.
- Na mostra organizada pola ASOCIACIÓN CULTURAL VILA DE BOUZAS o luns 17 na Alameda.
- Poesía na curva de San Gregorio.
- Exposición no Museo do Mar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario