xoves, 30 de maio de 2019

ACTOS CONMEMORATIVOS 75 ANIVERSARIO, XOVES 30

Encadrada nos  actos da celebración do 75 aniversario da escola, esta mañá recibimos a visita de Puri Perez Leirós autora do libro "Bouzas olladas salgadas ".
 Resultado de imagen de puri perez leirós
Esta compañeira de profesión, no seu faladoiro, contounos a todos a orixe de Bouzas, como pasou de ser unha pequena vila mariñeira a ter unha importante e ao tempo, innovadora industria conserveira. A nosa parroquia foi o primeiro lugar do mundo no que se fixo conserva de peixe. 

Logo falounos dos indianos, xente da nosa terra que tivo que emigrar a América e que, cos cartos que conseguiron, fixeron moitas cousas por Galicia. Máis de 400 escolas se construíron con eses cartos, nunha época que case non había escolas para o pobo. 
Tamén amosou fotos de como eran as escolas de Bouzas cando naceu o noso colexio , falounos de Don Antonio en Casino Martínez, de Dona Merceditas , de Dona Antonia... escolas de nenos e nenas separados por sexos.
 Foi un faladoiro moi interesante e ameno e estamos moi contentos e agradecidos pola súa colaboración coa nosa escola.
Logo, en diferentes obradoiros de trinta minutos de duración, todo o alumnado gozou da música tradicional.
Repartíronse cartóns en forma de pandeireta para que todos probaramos a tocar. E cantando a mesma copla foron tocando diversos instrumentos da "casa".
PREME NA IMAXE E GOZARÁS CON MÁIS FOTOS DO EVENTO.

Ningún comentario:

Publicar un comentario