martes, 23 de outubro de 2018

CAMPAÑA IMPÓRTANOS

A contacontos Bea, xunto co seu acompañante contáronnos unha morea de historias divertidas. Todas elas animadas con música dunha guitarra, retahilas pequenas frases que os nenos/ as tiñan que repetir. Todo elo contribuíu a que se mantivese o interese e a atención ó longo dos diferentes relatos, facéndose a sesión moi amena e entretida. 


Os contos que nos contaron foron os seguintes: 

-O soldado trifaldón: un emisario da xustiza que se dedica a reclutar a todo aquel que vai pola rúa sen papeis. Tanto quere reclutar que ó final se queda so, chegando a conclusión de que é mellor soltalos e vivir todos xuntos e felices.
-Elmer: un elefante de cores que quería ser como o resto, ata que descobre que as diferencias son o que realmente o identifican como ser individual e irrepetible.

-A horta de Simón: o coello Simón plantou moitas cenorias pero alguén lle suxeriu que puxera leitugas, alguén tomates, alguén berenxenas...e a horta medrou, enchéndose non só de vexetais senón tamén duns labregos moi especiais: o rato, a galiña, o chibo, o porquiño, a raposa. O X Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados é un eloxio ao traballo colectivo, á convivencia en harmonía e en contacto coa natureza

-Os chivos chivóns: tres chivos vivían no alto dunha montaña; un era pequeno, outro mediano e o terceiro era un chivo chivón grande. Un bo día decidiron baixar e dirixirse ao outro lado do río para comer herba. Non obstante, para chegar, tiñan que cruzar unha ponte. O malo é que alí vivía un ogro terrible…

Tanto os nenos/as como as mestras quedamos sempre encantados/as con estas visitas e esperamos que veñan máis veces a nosa escola.

Ningún comentario:

Publicar un comentario