No CEIP do Rocío
levamos a cooperación a tódolos eidos da vida escolar e por iso a
decoración do Nadal foi feita por todos os membros da comunidade escolar;
como?
Lembrando
o traballo das mulleres galegas que logo de atender horta e animais,
dedicaban tempo aos labores do fogar entre os que se atopan todos
aqueles que teñen que ver co vestido: tecer, calcetar ou facer labor de
gancho.
Así pois
toda a comunidade educativa participou na confección dunha fermosa
árbore feita de pezas de la confeccionadas a calceta ou labor de gancho.
O resultado é espectacular
Ningún comentario:
Publicar un comentario