Os nenos e nenas do quinto curso de primaria, comezaron a prepararse para a gran visita do luns día 24. A escritora LEDICIA COSTAS, visita a nosa escola para conmemorar o día do libro.
Ledicia Costas, e unha escritora moi nova, de tan só 38 anos , naceu en Vigo . A súa primeira novela é “Unha estrela no vento” (Xerais 1999), obra escrita cando era adolescente. No 2000 publicou, o relato “Negrita” no volume “Narradoras” . “O corazón de Xúpiter” (Xerais 2012) é a súa segunda novela, “Recinto Gris” (Xerais, 2014) a terceira e ''Un animal chamado néboa'' (Xerais, 2015) a cuarta.En 2014 gañou o Premio Merlín de Literatura Infantil e o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, 2015 con
“Escarlatina, a cociñeira defunta”
que é o libro que este curso acaba de ler.
Como este é un libro que conta con moitas receitas, decidiron facer unha coa profe Begoña. Adiviñades que receita fixeron?
A escola arrecendía a....
Ningún comentario:
Publicar un comentario