venres, 23 de decembro de 2016

OBRADOIRO COS MESTRES: PRIMEIROS AUXILIOS

A ANPA da escola, facendo uso da súa escola de pais, axuda ao profesorado e ao alumnado a coñecer os pasos a dar en caso de necesidade en caso dun accidente. Todo elo grazas a colaboración de ALBERTO, pai dunha alumna do sexto curso de Educación Infantil, que ofreceu un curso de formación ao profesorado sobre PRIMEIROS AUXILIOS.
Ofreceu ao profesorado dous obradoiros moi interesantes para  aprender como reaccionar ante unha situación de emerxencia, como facer a maniobra de RCP,...

Os obradoiros foron de tanto interés que,.. a iniciativa trasladouse ao alumnado. Os nenos matriculados no sexto curso de educación infantil, primeiro, segundo e terceiro de primaria, tiveron dúas sesións impartidas por Alberto na que recibiron nocións básicas de como actuar ante distintas situacións tales como parada cardiorespiratoria e atragantamento. Estiveron todos moi atentos e activos. Agora co novo ano será a quenda dos máis maiores.


Ningún comentario:

Publicar un comentario