luns, 3 de novembro de 2014

O SAMAÍN DOS NEN@S DE 6º DE ED. INFANTÍL(5 ANOS).



É TEMPO DE OUTONO ,DE CASTAÑAS,DE NOCES,DE VENTO,DE FOLLAS VERMELLAS,DE DÍAS CURTOS E NOITES LONGAS E ESCURAS.
NOS CAMPOS RECÓLLENSE AS CABAZAS E NALGUNHAS ALDEAS DE GALIZA,AÍNDAN TALLAN ARREPIANTES CAVEIRAS.DENTRO MÉTENLLES CANDEAS ACESAS E PÓÑENAS NO ALTO DUN VALADO PARA QUE,AO ESCINTILAR POLA NOITE,DEAN MEDO.
É A FESTA DAS MEIGAS E PANTASMAS.OS RATOS ESTÁN MOI CONTENTOS PORQUE,COMO SE POÑEN AS PEBIDAS DAS CABAZAS A SECAR,TEÑEN ONDE RILLAR.
OS NEN@S DISFRÁZANSE CON COUSAS QUE TEÑEN NAS SÚAS CASAS E SAEN ÁS RÚAS E CARREIROS,PETANDO NAS PORTAS DOS SEUS VECIÑOS.CANDO ESTES ABREN AS PORTAS DAS SÚAS CASAS ELES PÍDENLLES"CHULAS DE CABAZA OU PESETAS",SENON,
 SERÁN ASUSTADOS NO MOMENTO MÁIS INESPERADO.
OS NEN@S DE 5 ANOS FIXERON O MESMO,TENTANDO MANTER VIVA ESTA TRADICIÓN ANCESTRAL.
SE QUEREDES SABER COMO VIVIRON ESTA FESTA OS NENOS E NENAS DE 6º DE ED. INFANTÍL,PREMEDE NA FOTO DE PERECHO.




Ningún comentario:

Publicar un comentario