mércores, 1 de maio de 2013

EN ABRIL, LIBROS MIL.

Benqueridas famillias, o mes que hoxe remata, ABRIL, é o mes dos libros e como  noutros cursos, neste período do ano temos un maior número de actividades ao redor do LIBRO e o seu mundo. Entre outras cousas...

  • Concurso de creación e ilustración de LENDAS DE AMOR.

  • Visita da autora e ilustradora VIOLETA MONREAL.

     

  • Recitación e agasallo de poesías entre os membros da comunidade escolar.

  • 4º Concurso de deseño dun Autocolante no que o lema foi ." DÍA DO LIBRO 2013" encadrado en BOUZAS. 

    Actividade de madriñas e padriños lectores e lectoras. Os nenos maiores len un conto aos máis cativos da escola.

  • Visita do contacontos profesional IGNACIO VILARIÑO. 

     

  • Visita do autor de poesía, narrativa e xornalismo FRAN ALONSO, posuidor de diversos premios literarios coma a distinción do White Ravens de " A casa de luna", o Premio Neira Vilas ao mellor libro do ano "A araña e máis eu", o premio Rañolas de poesía ao seu libro "Cidades" e tantos outros...

     

     


  • Visita de ANXO FARIÑA , ilustrador, escritor e deseñador de libros infantís e xuvenís, posuidor do Premio Merlín 2011 pola súa novela "A chave da Atlántida", autor, entre outras obras da afamada serie dos Megatoxos.

     

E como abril resultou moi curto deixamos adiadas para o mes de maio as seguintes actividades:

    • Visita da mascota que máis fans ten no colexio: PUPI. Animación a cargo de MANUEL SOLLA que tamén fará unha animación sobre o libro "De chico a chica".

    • Conferencias dos "Expertos na VILA DE BOUZAS nas que cada curso explica a súa maneira ao resto do colexio o aspecto de BOUZAS no que é especialista.

Ningún comentario:

Publicar un comentario