COA NOSA AMIGA, A "ABELLA MAYA", APRENDIMOS MOITAS COUSAS SOBRE ESTE TEMA.
SE QUEREDES MIRAR O CAPÍTULO FAVORITO DOS VOSOS FILLOS/AS, PREMEDE NA FOTO DE MAYA.
FIXEMOS TAMÉN ALGÚNS TRABALLIÑOS PLÁSTICOS, TANTO DE XEITO INDIVIDUAL COMO COLECTIVO NA NOSA AULA E NA AULA TIC.
MIRADE QUE CHULOS!.
AS DEGUSTACIÓNS DE FROITOS COMO AMORODOS, LARANXAS E MANDARINAS CASEIRAS, TRAIDAS DUNHA FINCA QUE ESTÁ EN ARBO, AO CARÓN DO RÍO MIÑO, E QUE NON LEVAN NINGÚN TIPO DE SUBSTANCIAS QUÍMICAS, FOI UNHA DAS EXPERIENCIS MÁIS DOCES DESTA PRIMAVERA.
TAMÉN, COMO XA SOMOS MAIORES, COLABORAMOS NA HORTA ESCOLAR DOS DE ED. PRIMARIA, PLANTANDO CABACIÑAS, LEITUGAS DAS NORMAIS E DAS RIZADAS MORADAS. HOUBO UNHA PEQUENA PLANTA PARA CADA UN DE NÓS.
PASÁMOLO FENOMENAL, SOBRE TODO CANDO AS REGAMOS, POIS QUERIAMOS MOLLAR Á PROFE MARICRUZ, COA MANGUEIRA, PERO COMO ESTABA LONXE FACENDO AS FOTOS, NON PUIDEMOS DUCHALA, HI,HI..., RIMOS MOITÍSIMO.
TEMOS QUE DAR AS GRAZAS Á PROFE ÁNGELA POLA SÚA AXUDA NESTA FERMOSÍSIMA EXPERIENCIA.
MIRADE COMO O FIXEMOS.
DURANTE ESTAS VACACIÓNS, PODEDES FACER UN CURIOSO EXPERIMENTO,COS VOSOS FILLOS/AS, NA CASA. NÓS XA O FIXEMOS CON CARAVEIS BRANCOS CANDO ESTABAMOS EN TRES ANOS, E OS PUXEMOS DE COR AZUL.
NÓS NON UTILIZAMOS ACUARELAS, SENON PIGMENTOS ALIMENTARIOS QUE SE VENDEN NAS HERBORISTERIAS, E SON INOCUOS, TANTO PARA AS PLANTAS COMO PARA OS NENOS/AS.
GOZADE DESTAS VACACIÓNS PERO...COIDADO CO SOL,QUE É UN POUCO TRAICIONEIRO NESTA ÉPOCA, COA POLE OS ALÉRXICOS, E A VER SE CHOVE UN POUQUIÑO POLO NOSO BEN E O DAS PLANTAS.
A AUGA É SUPERIMPORTANTE PARA TÓDOLOS SERES VIVOS.
Ningún comentario:
Publicar un comentario