mércores, 21 de setembro de 2011

XORNADA DE BRAZOS CAÍDOS.

No día de hoxe, o 100% do profesorado secundou a xornada de brazos caídos. Entre as 10:00h e as 10:30h. saiuse ao patio en sinal de protesta polos recurtes no ensino público. A nosa protesta debe ser tamén a vosa, pais e nais dos nosos alumnos e alumnas. Todos debemos loitar para que os nosos nenos reciban unha educación de calidade. O voso apoio é importante.

Ningún comentario:

Publicar un comentario