xoves, 24 de marzo de 2011

ALGUÉN PETA NA NOSA PORTA.

A D I V I Ñ A S ?
Aproximase a estación do ano que se atopa entre o inverno e o verán. 
Comeza o 21 de marzo e remata o 21 de xuño.
Poderíamos chamarlle spring en inglés,
    Frühjahr en alemán, 
    printemps en francés, 
    primavera en italiano, 
    primavera en portugués, 
    primavera en castelán,
    " 春天"en chinés,
     e...
      PRIMAVERA EN GALEGO.

       Achégase a estación das flores,... polo que a nosa horta bota andar. Aquí tedes unha mostra do traballo que levamos feito nas últimas semanas. 
      Primeiro limpamos as rodas, pois as malas herbas medraran durante o tempo invernal. Logo pintamos as rodas para ter unha horta de cores, botamos terra con abono e... PLANTAMOS. Xa temos repolos, leitugas, pementos, tomates, cebolas, fresas e chícharos.
      Esperamos que gocedes con esta presentación. Un saúdo a todos.

      A NOSA HORTA on PhotoPeach

      Ningún comentario:

      Publicar un comentario