O alumnado do sexto curso de primaria, hoxe impartiu a novena e última conferencia destas XV XORNADAS DE EXPERTOS en O FEITO A MAN.
Fermosa conferencia e marabillosas xornadas de expertos. Desexando xa que cheguen as XVI.
O alumnado do sexto curso de primaria, hoxe impartiu a novena e última conferencia destas XV XORNADAS DE EXPERTOS en O FEITO A MAN.
Fermosa conferencia e marabillosas xornadas de expertos. Desexando xa que cheguen as XVI.
Gozade da súa conferencia!
Moi no traballo!
O alumnado do quinto curso, selecionou o mundo das abellas. Ao longo do curso desenvolveuse un proceso de investigación na aula, no que o alumnado afondou no coñecemento das abellas: a súa bioloxía (raíña, obreiras e abázcaros), o funcionamento da colmea, o proceso de polinización e a súa importancia para o equilibrio dos ecosistemas. Esta fase estivo marcada pola curiosidade, a sorpresa e o descubrimento, espertando unha actitude de respecto e coidado cara á natureza.
A partir deste coñecemento, o alumnado deu un paso máis alá coa creación da súa propia empresa escolar, “A Escola do Mel”, desenvolvendo unha experiencia real de emprendemento. Organizados de maneira cooperativa, tomaron decisións, repartiron responsabilidades e construíron unha identidade propia, comprendendo o valor do traballo en equipo e da iniciativa persoal.
Un dos elementos máis significativos do proxecto foi a implicación directa do seu titor, Juan, quen achegou os seus propios panais á aula, convertendo a escola nun auténtico espazo de aprendizaxe viva. O alumnado participou no proceso de extracción do mel e na elaboración da cera, vivindo unha grande experiencia sensorial que espertou emocións como a ilusión, o respecto e o orgullo polo traballo realizado. Este contacto directo coa realidade reforzou a aprendizaxe significativa e conectou o coñecemento coa vida real.
Tamén crearon trampas para velutinas, fixeron reconto e gráficas das velutinas que caeron nelas.
Para finalizar, tamén gozaron dun obradoiro con Nicolás Trunk, de apípolis.
Con todo esto, fixeron a súa exposición. Aquí tedes unha parte dela!
Encantounos a presentación de hoxe. Unha grande exposición dos nenos e nenas do sexto curso de educación Infantil sobre o pan.
Uns pequenos pero grandes conferenciantes!
Hoxe visitou a escola a mestra e escritora Lucía Mojón para falar e gozar co alumnado do seu libro BISCOITO DE CASTAÑAS.
Contounos a historia,


Foi unha mañá moi divertida!
Hoxe foi a quenda do alumnado do terceiro curso de primaria. A rapazada estivo a traballar e investigar ao longo do curso sobre os teares e os tecidos. Esta é a súa conferencia. Parabéns!
Fantástica conferencia da rapazada do primeiro curso de primaria sobre os métodos tradicionais de pesca. Gozade da mesma!
Boa conferencia a de hoxe, o alumnado do segundo curso de primaria contounos como foron os seus aprendizaxes ao longo do curso escolar.

No seguinte video poderedes ver a conferencia. Esperamos que vos guste.
O alumnado do cuarto curso de primaria inaugura as XV XORNADAS DE EXPETOS. Nesta ocasión son expertos en MÁIS QUE LEITE. Fermosa exposición e bo xeito de comezar as xornadas!.
Este luns día 13 é a quenda dos pequenos do segundo curso de primaria.
Con motivo das vacacións de Semana Santa, propuxemos ás familias un reto creativo: elaborar un ovo de Pascua empregando cartóns de refugallo, la ou fío groso e moita imaxinación. A través desta sinxela actividade de cosido, os nenos e nenas puideron traballar a motricidade fina, a coordinación e a creatividade, transformando materiais cotiáns en pequenas obras de arte.
Pero, máis alá do resultado final, o verdadeiro valor da proposta estivo nos momentos compartidos. Sentarse xuntos, colaborar, conversar, crear e gozar do proceso converteuse nunha oportunidade para fortalecer os vínculos familiares e construír recordos que permanecerán moito máis tempo que calquera decoración. Porque ás veces os mellores aprendizaxes nacen deses pequenos intres compartidos entre nenos, nais, pais e familiares, nos que o importante non é só o que se fai, senón con quen se fai.
Fermosas foron todas as creacións!
Mañá darán comezo as XV XORNADAS DE EXPERTOS NO RESÍO, este curso coa temática do PDI anual, O FEITO A MAN.
Xa temos mesa de coser!
Grazas ao noso porteiro vixilante, por fin temos a ansiada mesa de coser. A mesa de coser é un gran espazo de creación compartida que funciona como un enorme bastidor. Mentres uns nenos e nenas traballan na parte superior e outros na inferior, colaboran para facer pasar a agulla dun lado a outro, tecendo pouco a pouco fermosos deseños. Esta actividade fomenta a coordinación, a motricidade fina e a orientación espacial, ao tempo que desenvolve habilidades tan importantes como a comunicación, a paciencia e o traballo en equipo. Cada puntada convértese nun pequeno logro colectivo, onde a colaboración é imprescindible para crear unha obra común. Así, a rapazada descobre que, cando traballamos xuntos, somos capaces de construír cousas marabillosas.
Dentro do programa Lectura e Familias, convidámosvos a compartir connosco unha tarde moi especial chea de historias, imaxinación e momentos para lembrar en familia.
Teremos o pracer de gozar dunha sesión de contacontos dirixida ao alumnado de Educación Infantil e de primeiro, segundo, terceiro e cuarto de Educación Primaria, pensada para gozar xuntos, pequenos e maiores.
O contacontos estará a cargo de Olalla González, acompañada polas ilustracións de Marc Taeger, que darán vida a relatos tan coñecidos e queridos como Os chivos chivóns, A verdadeira historia de Carapuchiña Vermella, Aquiles o puntiño e Garabanciño, entre outros.
Será unha oportunidade única para compartir o pracer da lectura, rir, sorprenderse e deixar voar a imaxinación en compañía das vosas fillas e fillos.
Animámosvos a participar e a vivir esta experiencia xuntos! Agardámosvos!