xoves, 8 de febreiro de 2024
CLUB DE LECTURA: A BOTELLA DE LENTELLAS e o OBRADOIRO DE ORELLAS
Onte, no club de Lectura de " A botella de Lentellas" de Ledicia Barbadillo, editado por Xerais, cociñamos orellas de Entroido. Ao igual que o noso protagonista, inventamos as historias que as nosas orellas escoitaron. Foi unha tarde moi divertida.
CLUB DE LECTURA FAMILIAS
O Club de Lectura de nais e profes tiveMos a nosa primeira quedada para falar das nosas impresións sobre o libro de Pedro Feijóo "Ninguén contará a verdade" da Editorial Xerais. Que sorpresa cando o mesmiño Pedro se uniu a nós por videochamada.
mércores, 7 de febreiro de 2024
O MEO MANDA, MÉRCORES 7
martes, 6 de febreiro de 2024
O MECO MANDA, MARTES 6
OBRADOIROS DE ENTROIDO EN FAMILIA
GRAZAS!
O entroido non só é troula, o entroido é tempo de traballo colaborativo en familia. Nós gozamos con este traballo, e vós?
luns, 5 de febreiro de 2024
O MECO MANDA, LUNS 5
OBRADOIRO DE COCIÑA: FILLOAS
Hoxe tivo lugar un obradoiro de cociña no sexto curso de primaria: Filloas.
Aproveitouse para traballar, en equipo, a roda dos alimentos, etiquetas nutricionais, data de caducidade e etiquetado dos envases.
Creamos a nosa marca de filloas e deseñamos o seu envase para comercializalas; aprpveitamos os coñecementos adquiridos en xeometría, xa que os envases son volumes xeométricos!




sábado, 3 de febreiro de 2024
O MECO MANDA, VENRES 2
PICOLINDO PIDE A NOSA AXUDA
Bo día, familias!.
Onte , 2 de febreiro foi o día da Candelaria, día no que, segundo a tradición, casan os paxaros. Nos últimos anos están nacendo moitas menos aves, din que porque cada vez está máis difícil atopar vivenda: hai poucas, os prezos están polas nubes... Por iso pensei que como estamos a traballar co tema "Un planeta cheo de vida" podemos facer algo para paliar este problema coa vivenda.
Propóñovos que, en famiiia, construades unha casa para paxaros e a coloquedes nunha árbore ou lugar seguro (na vosa casa, no monte, nun parque...) e nos enviedes unha foto ao móbil da escola (658715569). Con todas faremos unha exposición ben xeitosa.
Nun par de meses poderemos comprobar se a nosa idea tivo éxito.
Repoboemos todos xuntos o mundo con paxaros.
Ánimo e moitas grazas por axudarme a coidar das miñas curmáns as aves.
Un bico do voso amigo Picolindo
venres, 2 de febreiro de 2024
VISITA AO HUMEDAL DA BOUZA
PROGRAMA ENTROIDO 2024
xoves, 1 de febreiro de 2024
QUEN SERÁ?
Algo pasa, que estarán artellando estes rapaces e rapazas do sexto curso?. Hoxe a aula estaba chea de xornais e bolsas de lixo.
Mans a obra, empezaron a facer bolas e bolas de xornal, encheron as bolsas, e de repente, dunha caixa, con cinta de carrocero, pinturas, paletinas e moita imaxinación, apareceu...
Quen será? Efectivamente, é o meco, o MECO EXPLORADOR. A cativada sabe que os mandadiños están a chegar.






























