xoves, 10 de marzo de 2022

DIEGO LÓPEZ, O HEMATOCRITO VISITA Á RAPAZADA DE PRIMEIRO

Hoxe as nenas e nenos do primeiro curso de primaria recibimos a visita de Diego López, coñecido coma "El Hematocrito". Pasamos un bo rato falando con él e logo asinounos os libros de Vaia Cabuxiña.






 

venres, 4 de marzo de 2022

A BUSCA DO TESOURO E OS NOVOS RECUNCHOS DE 5º EI

 

 Dentro do seu proxecto "A fauna e a flora de Vigo", os rapaces do quinto curso de educación infantil estiveron a buscar "tesouros" no patio, atoparon flores agochadas e tamén algúnha especie animal. Logo, plasmaron nun papel toda a súa vivencia. 

Como gozades!










 
A rapazada do quinto curso de infantil medra día a día e cada vez é máis autónomo para moverse con orde polos disntintos espazos e ricóns preparados na aula. Traballan moi ben, e crearon os recantos das letras, dos números, das mans, do Arte, da cociña, da biblioteca,  das construccións,...

RESUMO DE ENTROIDO NA ESCOLA DO RESÍO

xoves, 3 de marzo de 2022

Cartaz de entroido


Os nenos e nenas de primeiro e segundo curso de primaria fixemos uns carteis de entroido ben xeitosos coa ferramenta Tux Paint. Aquí tedes o resultado:

 

mércores, 2 de marzo de 2022

XOGAMOS COAS MULLERES DOS MURAIS DE VIGO

 Vigo, cidade de cor é unha iniciativa municipal que dende o ano 2015 transformou as medianeras da cidade con murais de artistas urbanos.

De todos estos murais, na escola seleccionamos os dedicados ás mulleres e creamos un xogo de corredor para infantil e outro para primaria.

A rapazada gozou moito con él e aprenderon moitas cousas.










venres, 25 de febreiro de 2022

ENTROIDO NO RESÍO 22. PASARRÚAS

 O Entroido xa chegou, por fin saimos da escola en pasarrúas. En primeiro lugar FELICITAR a TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA,  RAPACES E FAMILIAS e tamén ás mestras e mestres .GRAZAS familias por axudar a que esta festa fora posible, GRAZAS por colaborar, GRAZAS por cumprir as normas.As comparsas foron as que seguen:  

4º EI Comunicámonos
5º EI Dinosetiños e Dinosetiñas
6º EI Esculturas viguesas

1º EP Resío, escola de cor

2º EP Os mariñeir@s do Resío

3º EP Os marisquiñeir@s4º EP Transpórtate en Vigo5º EP Paseando pola historia de Vigo


MEDIEVAIS

HOMES DO SÉCULO XIX. IDADE MODERNA

CASTREXOS

CASTREXOS

ROMANOS E ROMANAS

6ºA EP Superparroquiáns

6ºB EP O gremio dos construtores

Logo fixemos o pasarrúas ata a alameda de Bouzas, fixádevos que contentos saiamos da escola!

 

Xa na alameda...

parada de descanso e...

volta á escola.



Se queres gozar con todas as imaxes do evento, so tes que premer na seguinte ligazón: 

https://photos.app.goo.gl/cFYtRmoRPmJxvYQ27

e tamén nesta outra:

https://photos.app.goo.gl/F3TgPUrBXMd6tA4U8