xoves, 30 de abril de 2020

DÍA 46 #NaCasa, NOVAS EN TEMPO DE CONFINAMENTO

Durante este tempo de confinamento, o alumnado do quinto e sexto curso de primaria, convértese en xornalista para unha nova canle de televisión:
TELERESÍO

xoves, 23 de abril de 2020

RECICLA E CREA CON LIBROS . DÍA 39 #Na Casa

Moi bo traballo o realizado por tod@s nas vacacións de Semana Santa. 
Grazas por aceptar e colaborar coa nosa proposta. Durante ese tempo de vacacións a rapazada escolleu o seu libro favorito e fixo unha manualidade con material de refugallo que representaba un personaxe, a historia, a portada...  fotografárona  e nola enviaron. Este é un xeito ideal para Celebrar o Día do Libro dende o confinamento obrigado. 
Deixamos   un video feito cunha composición de imaxes con mensaxes sobre a lectura. Esperamos que vos guste.



Aquí tedes os participantes; moitísimos! 
Estamos moi orgullos@s do voso traballo,
 familias, sodes estupendas!


23 ABRIL, DÍA DO LIBRO #Na Casa

mércores, 22 de abril de 2020

martes, 21 de abril de 2020

DÍA 37 #NaCasa

Na casa pintamos, xogamos e divertímonos.

NOVO RETO

           PROPOÑEMOS UN NOVO RETO:

Crear historias axudándonos de títulos de libros que teñamos na casa... 
                              EXEMPLO:






                                          ANIMÁDESVOS???
Creade as vosas historias con libros e serán publicadas aquí.

luns, 20 de abril de 2020

DÍA 36 #Na Casa

O alumnado do quinto e sexto curso de primaria escenifican o tema "Chea de vida" de Gaudi Galego para lembrarlle a toda a comunidade educativa que máis cedo que tarde VOLVEREMOS VERNOS.