martes, 31 de outubro de 2017

O MISTERIO CHEGA Á PORTA DA ESCOLA

Que acontece?
 Como podemos entrar?


 Haberá unha porta secreta? 

 Que nos agarda dentro?

O MISTERIO RESOLVERASE... MAÑÁ
PERO,...
SEGURO QUE ATOPAMOS A NOSA AMIGA...
  
A BRUXA 

PORQUE ESTAMOS NO TEMPO DO...
SAMAÍN

 

venres, 27 de outubro de 2017

MONICREQUES NA ESCOLA

O alumnado do cuarto curso de Educación Primaria, coa axuda da profe Cris, preparou unha obra de monicreques para conmemorar o Día da Biblioteca. Representaron para os máis cativos da escola.
Noraboa, bo traballo!


martes, 24 de outubro de 2017

A BIBLIOTECA ESTÁ DE ANIVERSARIO

Hoxe, 24 de outubro celébrase o día da biblioteca escolar, polo que na escola celebramos o seu aniversario. Este é un día importante posto que as mochilas viaxeiras volven comezar a súa aventura de casa en casa. Picolindo, a nosa mascota, as levou ás aulas e presentoulle aos cativos os seus contidos. Aos novos alumnos, fíxolles entrega do seu carnet de usuario, e as normas de uso.
Cos maiores da escola, Picolindo coa colaboración  da profe Cris e os nenos e nenas de sexto, prepararon un teatrillo para explicar dun xeito moi sinxelo o funcionamento da CDU.




Dende a Consellería, este ano decidiron que o cartel que fai visible a tarefa das bibliotecas escolares fora a de Xosé Tomás, que é o ilustrador elexido para representar o lema Aprender a pensar coa biblioteca escolar.



 Agora unha pequena curta dos libros,



FELIZ DÍA DA BIBLIOTECA!!

luns, 16 de outubro de 2017

LUME NOS MONTES, NUNCA MÁIS!

INVÁDENOS A CARRAXE DESPOIS DO 15/10/2017
HOXE NON TEMOS VERBAS. 
UN ACTO PARA DICIR:




LUME NOS MONTES, NUNCA MÁIS!
ILUSTRAMOS O NOSO SENTIR,
A NOSA TRISTURA,
 A NOSA DECEPCIÓN,
O NOSO MEDO,
A CORAXE DA XENTE,
O FUME,
...

 NON QUEREMOS VOLVER  VIVIR ESTA EXPERIENCIA!

Lucía Pérez - Adiós ríos, adiós fontes

Tracklist del disco "Volar por los tejados"


AS NOVAS DO LUME
 

luns, 9 de outubro de 2017

A VOZ DO RESÍO

Quenda do alumnado do segundo curso de primaria. A nova é moi importante para a nosa comunidade educativa, polo que Uxía e Inés, redactoras do xornal, informannos do que segue:
Estamos de noraboa!

mércores, 4 de outubro de 2017

OS NOVOS ALUMNOS E ALUMNAS COÑECERÁN A PICOLINDO

 24 de outubro: Día da Biblioteca. 

Desde hai algúns anos, concretamente dende o 2008, a Consellería de Educación vén editando, a comezos de cada curso escolar un cartel co que se pretende facer visibles as bibliotecas das escolas.

O lema do presente curso é:

  A biblioteca escolar, unha chave para o pasado, o presente e o futuro.

E como sempre, Picolindo, a nosa mascota, aproveitará para facerse ver nas aulas dos máis cativos e os sorprenderá co seu agasallo, o carnet de usuario da biblioteca escolar.

Que sorte!



martes, 26 de setembro de 2017

A NOSA BIBLIOTECA

Iniciado o presente curso escolar 2017/2018, e logo duns días de traballo, a biblioteca da escola está xa case lista para botar a andar. 
  A pasada semana tivo lugar o MERCADO DE LIBROS USADOS E DE OCASIÓN, na que o alumnado adquiriu libros cos PIKEUROS acadados con moito esforzo o pasado curso. 


Esta semana xa está aberta na xornada matinal é a partir do luns día 2 de outubro, de 16 a 18h, comezarán os préstamos ás familias. Podedes pasar  pasar e acompañar aos vosos  fillos na súa aventura do saber, e por qué non tamén na vosa aventura do saber.
Temos ademáis un rechuncho de lectura para as familias 
NON PODES PASAR DE LELO.
ANIMÁDEVOS!

luns, 25 de setembro de 2017

PICOLINDO PRESENTANOS AOS SEUS NOVOS AMIGOS.

Picolindo, a mascota da nosa biblioteca, quere presentarnos a uns amigos, que xa levan días nas aulas da escola. Estes catro amiguiños acompañarannos e guiarannos ao longo do tempo para que sexamos quen de levar a cabo a difícil tarefa de traballar cooperativamente.
O debuxante vigués, Jacobo Fernández Serrano, concedeunos a honra de debuxar para nós os distintos roles da aprendizaxe cooperativa con personaxes das súas bandas deseñadas:
    • PORTAVOZ
    • SECRETARIO
    • AXUDANTE
    • COORDINADOR
 Dende o pasado curso escolar,   a Aprendizaxe Cooperativa integrouse nas aulas do Rocío, chegando a converterse nun recurso imprescindible para as mestras e mestres. A finais do curso 2015/2016 decidimos participar nun proxecto de formación en centros para a implantación da Aprendizaxe Cooperativa nas aulas, porque nos parecía un instrumento ideal para  lograr a inclusión e a cohesión social, e  permitíanos o desenvolvemento de estratexias de atención á diversidade na aula, facilitando o desenvolvemento das competencias básicas no alumnado. O profesorado pensa que os contidos traballados con esta metodoloxía afianzanse máis.
 En resumo podemos decir que nas aulas  do Rocío,  o traballo cooperativo forma parte das dinámicas das aulas o que permite acadar unha aprendizaxe eficaz, respectando as individualidades e os distintos ritmos de desenvolvemento e aprendizaxe. O traballo desenvólvese en grupos pequenos de alumn@s heteroxéneos para lograr obxectivos comúns de aprendizaxe. Deste xeito lograremos que os nosos alumnos sexan  persoas capaces de cooperar e de establecer boas relacións humanas.

venres, 22 de setembro de 2017

BENVIDOS E BENVIDAS A ESTA NOVA AVENTURA DO SABER

Durante o seu desenvolvemento aprenderedes e afianzaredes coñecementos de todo tipo, facéndoos xirar sempre arredor do tema anual
DA EIRA Á CAPOEIRA
Tamén exploraredes as vosas posibilidades, as vosas capacidades e os vosos recursos. Tentaremos, pois, que espremades ao máximo o voso espírito cocoperativo e que avancedes no voso densenvolvemento persoal. 

E esta é unha importantísima e grande tarefa, na que non estaredes sós para desenvolvela; contaredes coa axuda e colaboración dos mestres e o que é máis importante, coas vosas familias, que son sempre unha inestimable axuda.

 Con todo isto, dispoñemos dos mellores vimbios para fabricar a gran CESTA DO SABER E DO COÑECEMENTO.



E tratando de construir esta cesta do saber, levamos xa dúas semanas, coñecemos a novos mestres, a novos compañeiros e compañeiras, e os máis cativos da escola, acaban de rematar o seu período de adaptación. 
 

xoves, 31 de agosto de 2017

REMATA O VERÁN... VOLTA Á ESCOLA

A piques de comezar o novo curso, xa traballamos nas ideas a desenvolver para que cando volvades á escola, atopedes multitude de actividades divertidas que vos axuden a continuar a aprender...
En poucos días todo listo para recibirvos!



Lembramos con este vídeo como rematou o curso. Parece que as actividades eran divertidas,... pois esperade ás que estamos a artellar!



mércores, 26 de xullo de 2017

VOLTAMOS EN SETEMBRO


EXCURSIÓN FIN DE CURSO: PARQUE ARQUEOLÓXICO DE ARTE RUPESTRE CAMPO LAMEIRO

Para rematar o curso escolar, o alumnado de primaria gozou cunha saída ao Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campolameiro. Unha gran experiencia sensorial no mellor recorrido pola arte rupestre.



martes, 25 de xullo de 2017

GRADUACIÓNS 2017

Fermoso día, e boas actuacións do alumnado do sexto curso de E.I. e E.P.
Comezaron os máis cativos cunha cantiga moi coñecida por todos nós.









A seguir os nen@s de sexto de primaria protagonizaron unha obriña de teatro.



E finalmente tivo lugar os actos de graduacións. Momentos de moita emoción e sentimentos a flor de pel. Despedimos da escola a unha gran promoción de alumn@s e recibimos aos novos alumn@s de primaria,  coa entrega simbólica da leira que coidarán ao longo destos seis anos que durará a súa etapa educativa. Un legado, simbolizado polo legón que lle entregaron @s alumn@s que se marchan ao instituto.
















mércores, 19 de xullo de 2017

II PICOLIMPIADAS DO SABER


Por segundo ano consecutivo, tiveron lugar as Picolimpíadas do Saber na escola, nas que o alumnado de primaria ten que demostrar os coñecementos adquiridos ao longo do curso e que se viron afianzadas nas Xornadas de Expertos na temática anual, neste caso PaseArte polo tempo.
O día 20, os equipos finalistas, competiron a un gran nivel, e foron agasallados pola ANPA da escola OS IRMANDIÑOS, cunha entrada para o Cine no CC. Gran Vía.





martes, 18 de xullo de 2017

Fútbol Gaélico no Resío

Nas aulas de Educación Física xa levamos anos no noso cole practicando un deporte chegado de Irlanda, o fútbol gaélico. Este ano os alumnos de 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria fixemos uns vídeos con exercicios para aprender este deporte.