venres, 8 de abril de 2022

DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL.

Co gallo da celebración do Día do Libro Infantil e Xuvenil que se celebrou o 2 de abril, preparamos co alumnado unha entrevista ás nosas 3 alumnas que, nestes momentos, máis representan esa efeméride na escola:

  • Julia Rodríguez (5º EP) escritora do libro "La leyenda"
  • Iria Portabales (4º EP) gañadora do Concurso Búscase Talento. O seu deseño será protagonista dunha historia de Ledica Costas.
  • Ingrid Caamaño (Exalumna) escritora do libro "P(r)O(bl)EMAS DE LA VIDA

  

(PREME NA IMAXE PARA ESCOITAR O PROGRAMA)

 

mércores, 6 de abril de 2022

EXPERTOS NA FAUNA E NA FLORA EN VIGO

O alumnado do quinto curso de infantil, expertos na fauna e na flora de Vigo, explícannos os seus descubrimentos. Noraboa polo voso traballo!

martes, 5 de abril de 2022

EXPERTOS NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN DE VIGO

Os rapaces  máis pequen@s da escola son expertos nos medios de comunicación. Fixádevos cantas cousas nos ensinan.

luns, 4 de abril de 2022

EXPERTOS NOS MEDIOS DE TRANSPORTE DE VIGO

Marabillosa conferencia a dada hoxe polo alumnado do cuarto curso de primaria.
Os rapaces falaron dos diferentes medios de transportes en Vigo: aéreos, marítimos e terrestres.
 
 

venres, 1 de abril de 2022

EXPERTOS NAS FESTAS DE VIGO

Magnífica conferencia do alumnado do terceiro curso de primaria, na que fixeron un percorrido por todas as festas, romerías e feiras máis importantes da nosa cidade.
 

HOXE VISITOUNOS A ESCRITORA TERESA GONZÁLEZ COSTA

Comeza o mes de abril, comeza o mes dos libros. Mañá día 2 celébrase o DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL. Na escola temos unha visita moi especial para celebralo:

 TERESA GONZÁLEZ COSTA



 Teresa González Costa, escritora de libros tan importantes como:

  • "A filla do ladrón e bicicletas"
  • "A memoria dos Paxaros"
  • "A nena e o monstro e o mar"
  • "Pingueiras e tarteiras"
  • "A noite das bicicletas"
  • "Eu, pel"
  • "Fred Quincalla, o nómade do mar"
  • "Sempre quixen bailar un tango"
  • "Unha abella máxica no camiño", entre outros.

Teresa falou coa rapazada do libro "Unha abella máxica no camiño" e comentaron ilustracións, trama, desenlace,... Poderá escribir unha continuación a este libro?.

Teresa asinou no libro de visitas ilustres da nosa biblioteca e nos escribiu a cada un de nós unha dedicatoria no libro.

GRAZAS TERESA E GRAZAS XERAIS POLA VISITA!

 

EXPERTOS NAS PARROQUIAS DE VIGO

Como dixemos onte Vigo é moi grande, pero como se divide administrativante?
Vigo se divide en Parroquias, en cantas?
Estade moi atentos que os superparroquianos volo imos explicar.
Esperamos que aprendades moito da vosa cidade.