Esta semana arrancan os clubes de lectura. A biblioteca está preparada e mirade... a que son chulos?
A rapazada coa profe Ana gozou moitísimo da actividade.
Esta semana arrancan os clubes de lectura. A biblioteca está preparada e mirade... a que son chulos?
A rapazada coa profe Ana gozou moitísimo da actividade.
Hoxe conmemoramos na escola o DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA.
Na biblioteca colocouse unha gran exposición de libros de Paz.
Nas aulas traballouse o concepto PAZ e todo o que conleva e a rapazada chegou á conclusión de que a paz a temos que traballar tódolos días. A continuación, levamos a cabo, seguindo o protocolo Covid, unha actividade colaborativa conxunta basada na reproducción, "ao noso xeito" do mural situado na Rúa Martínez Garrido, que se fixo na honra deste alcalde, fusilado en agosto de 1936.

Finalizou o acto cantando e bailando unha canción de Mama Cabra.
Se premes na imaxe accedes á ligazón a tódalas imaxes da conmemoración.
Na nosa cidade temos moitos recunchos de paz, xoga e goza con eles!
| PREME NA IMAXE |
Hoxe o alumnado do quinto curso de infantil gozou dunha sesión de contacontos enmarcado dentro do Día Escolar da Non Violencia, titulado " O homiño de papel".
Ao tempo, o alumnado de primeiro e segundo curso de primaria, crearon unha pomba coas súas mans. Foi unha actividade moi divertida!
Xa temos 2 clubs de Lectura en marcha: A Cidade do átomo de IRIA MISA, e O Xenio da Cidade do Sal de Fina Casalderrey con moita ilusión no CEIP VIRXE DO ROCÍO.
Grazas a todos por participar!
Dende o Equipo Docente do centro queremos lembrarvos que as vacacións de Nadal comezarán o día 22 de decembro (incluído) e voltaremos ás aulas o luns día 10 de xaneiro.
Aproveitamos para desexarvos a todos unhas FELICES FESTAS.
Imaxes dos máis pequenos polo Nadal