xoves, 7 de abril de 2011

Os nosos polbos Paul da Enseada de Bouzas.

Aproveitando que levamos un tempo a falar, na aula de 4 anos, da praia de San Miguel de Bouzas, dos moluscos da Ría e     aprendendo a tocar as cunchas de vieira coa profe Maricruz 
coa cantiga da historia de Carmiña e Michel..."Ven bailar Carmiña", fixemos unha pequena composición de polbos violetas. O violeta foi a cor estrela deste mes e as súas   variedades de lila e morado.
Con materiais de reciclaxe: tubos de papel hixiénico, boliñas deste papel e outros materais, recollidos pola profe e algúns nenos/as na enseada de Bouzas, fixemos este recunchiño da Ría.
Están supergraciosos.
Perecho máis eu fixemos uns para nós cando ninguén nos miraba.
Encántanme os polbos, como viven e o bonitiños que son, pero sobre todo á galega, á brasa e na empanada de millo, hi, hi, hi...
Comede moito polbo, pois regula a glucosa no sangue, ten moitas proteinas, non engorda e baixa a presión arterial, sen sal nin pemento picante, evidentemente.
                                    BICOS,Picolindo.


Aquí vos deixo a receita do polbo á galega.
Bo proveito!

venres, 1 de abril de 2011

A HISTORIA DE CARMIÑA E A RECONQUISTA DE VIGO.

VOU CONTARVOS UNHA HISTORIA QUE OS RAPACES DA PROFE MARICRUZ COÑECEN MOI BEN:"A HISTORIA DE CARMIÑA E MICHEL".
SEGURO QUE VOS ENCANTARÁ PORQUE PASOU DE VERDADE.


AH! NON VOS ESQUEZADES DE QUE ESTE DOMINGO É A FESTA DA "BRINCADEIRA" EN BOUZAS.
ÍMOLO PASAR XENIAL.
BICOS,PICOLINDO.



A RECONQUISTA E A BRINCADEIRA.

mércores, 30 de marzo de 2011

Un video dos expertos PINTORES. O final dun ciclo

O grupo de nenos e nenas de 5 anos rematon o ciclo de conferencias de expertos. Todos demostraron saber moitisimo sobre as diferentes profesións relacionadas coa construción do novo cole!!
Parabéns para todos!!
Sodes magníficos!!

luns, 28 de marzo de 2011

Visita ao porto de Vigo

 Os nen@s de 3º, 4º e 5º fomos visitar o porto de Vigo. Aprendemos moitas cousas sobre peixes e mariscos.Miramos como desenvolvían o seu traballo os traballadores do porto tamén miramos moitas máquinas, barcos e gaivotas!!!




xoves, 24 de marzo de 2011