Bo día, rapazada!
Deamos comezo ao Entroido, unha festa ilusionante,
seguide ben os meus consellos e isto sairá para adiante.
Un aviso quero darvos, antes de comezar,
quen non siga os meus mandados, un castigo vai levar.
Este luns cando veñades, pola mañá á escola,
de forma creativa decoraredes a vosa cachola.
Pelo tolo, pelo en punta, pelo duro coma un pau,
pelo igual ca un rapeiro que rapea sen parar.
Pelo pintado e brillante, pelo raro, pelo tolo,
que eu quero rir un bo rato,
he, he, he… e outro pouco!
E quen non veña ese día
co seu pelo ben toliño,
levará na cara pintado
un bigote ben feíño.
Ningún comentario:
Publicar un comentario