Este curso chegaron a escola moitos materiais dos Polos Creativos, e o primeiro que tivemos que facer, foi desembalar a nova ferramenta tecnolóxica, instalala, colocar un computador co seu programa de funcionamento e ser quen de fomentar a curiosidade nos compañeiros e compañeiras para que se animasen a utilizala nas aulas cos cativos.
As actividades realizadas co profesorado foron as seguintes:
Montaxe e configuración da cortadora láser
Familiarización co funcionamento da máquina.
Axuste de parámetros segundo o material empregado.
Elaboración dun cartaz
Creación dun cartaz en madeira de balsa coa mensaxe NON PODES PASAR DE LELO, destinado á nova estantería da biblioteca dos pais.
Uso da cortadora láser para gravar e recortar o deseño con precisión.
Deseño e creación de marcapáxinas
Experimentación con diferentes materiais e estilos para personalizar marcapáxinas.
Aplicación de técnicas de gravado para incorporar detalles decorativos.
Proposta de medalla para os mellores lectores e lectoras
Elaboración dun deseño especial de medalla que premie o alumnado con maior hábito de lectura e a avaliación de distintos formatos e materiais para a súa produción final.
Actividades realizadas con alumnado
Creación de corazóns para disfraces de mimos
Elaboración de letras para o cartaz "Poesía á escena"
Este proxecto non só permitiu ao profesorado adquirir habilidades no uso da tecnoloxía láser, senón que tamén integrou ao alumnado en procesos creativos e colaborativos.