Hoxe tivemos a sorte de ter unha xornada de bo tempo para gozar con tódalas actividades naúticas preparadas. Saímos do peirao de Vigo cara Cangas; unha vez alí, dirixímonos ao Club Náutico de Rodeira e con Juan e mailos seus compañeiros tivemos a sorte de navegar entre golfiños. Probamos o kayak, as traíñas, os veleiros, zódiacs, piraguas e big paddle.
Premendo na imaxe, vense todas as fotografías tomadas na actividade.
Que estupendo xeito de rematar este curso!
Ningún comentario:
Publicar un comentario