luns, 2 de novembro de 2015

O COLE QUEDA SEN AS PALMEIRAS. O CULPABLE: O PICUDO VERMELLO

Na escola estamos algo tristes. O outro día quedamos sen as palmas da escola. Os técnicos municipais decidiron talalas e incineralas. Estaban invadidas polo
PICUDO VERMELLO

No ano 1993,entraba en España, procedente da Arabia Saudí, una praga que dende entón acabou con infinidade de palmeiras. Foi agora, nestepasado verán cando chegou ao Baixo Miño, e hai uns días que percibimos que as palmeiras da escola estaban afectadas polo chamado "picudo vermello".
Os efectos deste bechiño, son devastadores. Cando vai frío, mantense en estado parasitario, e cando chega a calor, convértese nun insecto voraz.
Dende a dirección da escola, tentouse que o Concello tratase as palmeiras con algún  praguicida que permitise que as palmas seguisen a presidir a entrada da escola. A intervención dunha empresa especializada, servíu para  informarnos de que só se podía talalas e incineralas. Non había outra!


http://www.kizoa.es/Movie-Maker/d26495772kP217759094o2l1/talan-as-arbores
PICA NA IMAXE

 A actuación supuxo una atracción para o alumnado que non quería perder nin un só paso do acontecemento, agora que descubriran como é o proceso vital do picudo vermello... Na  investigación directa, souberon que, a larva se envolve nun capullo que constrúen con febras da propia palmeira.  Aquí convértese nun verme e logo, trala metamorfose,  nun insecto adulto.


3 comentarios:

  1. Echaremos de menos nuestras palmeras, pero con su marcha vino un trabajo de investigación concienzudo, todos están locos con el picudo rojo y sus destrozos, incluso nosotros, nunca pensé saber tanto sobre esos bichos, algo bueno tenía que tener.jajaja, chao chao palmeras.Ahora a plantar un carballo....
    Familia Fernandez Veiga

    ResponderEliminar
  2. que pena os nenos de 4º levamos case toda a vida vendo esas preciosas palmeras no cole oxalá non estiveran aqui eses bichos

    ResponderEliminar
  3. Que pena ver la palmera cortada! Y de las fotos que estan en el post, da grima verlas. Mas vale que los peques no las vean. Porque su subconsciente les hara ver bichos por todas partes con pesadillas. Este post aunque es instructivo es un poquito fuerte. Esa es mi humilde opinion.

    ResponderEliminar