Neste curso 2012/13 incorporamonos ao Plan de Consumo de Froitas na
Escola, que subvencionado con fondos europeos, pretende incidir nos bos
hábitos alimentarios de consumo de froitas e verduras dende as pequenas
idades dos nosos alumnos/as.
O
plan, englobado nun proxecto a nivel europeo, ten por obxecto
familiarizar á totalidade dos escolares co consumo habitual de froita. De momento ofreceremos a froita durante dúas semanas, unha foi a principios de marzo e agora, a vindeira semana teremos a oportunidade de volver a saborear as froitas no momento do recreo. A froita ofrécese á totalidade do alumnado, agás que por motivos de saúde non sexa recomendable. A intención é que os nenos coman a froita en lugar do bocata que habitualmente traen da casa. Por este motivo pregamos que adecuedes as merendas do 8 ao 13 de abril.
O éxito do plan depende moito da vosa colaboración. Os mestres
traballaremos aspectos da alimentación, animaremos aos nosos alumn@s,
organizaremos actividades de ambientación e traballo en equipo,... E as familias precisamos
que levedes unha alimentación equilibrada e rica
en froitas e verduras. Soamente así poderá ter éxito este programa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario