Elena Ferro, a pequena das irmás Ferro, cóntanos que veñen a nosa escola a contarnos do seu oficio. Elas son zoqueiras. Elena maila súa irmá herdan a tradición do seu pai, da súa tía Agripina mailo seu avó, que aló polo 1915 aprendeu o ofico. Ela maila súa irmá aprenderon o oficio, na súa casa, dos tres.
Explicaronnos que é un zoco, quen o usa, onde comezou a usar. Como eran os zocos de antes, como son os de agora,...
Faláronnos dos materiais e ferramentas que se utilizan para elaboralo. Agora xa sabemos que é a subela, o sacabocados, o can, pois o martelo e a coitela xa os coñeciamos.
Tamén nos explicaron o nome de tódalas pezas que o conforman.
Foi unha mañá moi entretida, deixounos pampos ao aprendernos como se fan os amallós, os cordóns do zoco.
Explicounos que na súa tenda non so fan zocos, traballan co coiro e fan chaveiros, pendentes, carteiras, marcapáxinas,... son artesáns do coiro.
Grazas á Fundación da artesanía Galega por achegarnos os oficios tradicionais á escola.










Ningún comentario:
Publicar un comentario