Hoxe, 30 de xaneiro, ademáis de celebrarse o Día da Paz e a Non Violencia, celébrase o DÍA DA ILUSTRACIÓN. Coa intención de non solapar datas, na escola buscamos crear entre tódolos membros da comunidade educativa unha mostra/exposición. As nosas avoas levan dando cor á nosa infancia dende hai moitos séculos a través de ilustracións feitas con fíos e agullas: cobertores, xerseis, bufandas, manteis ou panos de mesa,... están ilustrados con motivos previamente pensados, calculados matematicamente e debuxados con patróns para que queden proporcionados. Seguro que todas e todos temos algún exemplo por casa. Gustaríanos poder compartilos nunha exposición que terá lugar dende o día 5 ata o 12 de febreiro polo que se pide ás familias que traian as pezas feitas a man antes do día 4.
Grazas pola vosa axuda.
Deixamos aquí o cartaz da Xunta dedicado a Siro, autor homenaxeado este 2026.

.jpg)
Ningún comentario:
Publicar un comentario