PAGINA

sábado, 31 de xaneiro de 2026

GAÑADORES II TORNEO DE XADREZ O RESÍO

 Rematado o torneo de Xadrez, toca facer entrega dos agasallos tanto aos gañadores como aos participantes. A impresora 3D, non para de producir.

Os gañadores son...

1º posto e campión... Miguel Sevilla

2º posto e subcampión... Mateo Torres

3º posto... Luis Quintá 


Campión: Miguel Sevilla
Subcampión: Mateo Torres
 

Semifinalistas

 

Oitavos de final

 

 Participantes

 

 

 

 

 

 

 

 


 

venres, 30 de xaneiro de 2026

30 DE XANEIRO DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

 

Hoxe, ás 12h o alumnado da escola xuntouse no ximnasio da escola para celebrar o Día Escolar da Paz e a Non Violencia. A rapazada levaba días traballando nas aulas e hoxe, fixemos o acto común de celebración. Reflexionamos sobre a paz, buscamos onde existen conflitos armados e entre todos fixemos unha pomba de paz.

 

En plástica, basándonos no libro DENTRO DO GUERNICA, de Ana Alonso, da Colección Pizca de Sal, ANAYA,  reflexionamos sobre o que aconteceu na Guerra Civil Española e como o ilustrou Pablo Picasso. 


O Guernica do Resío, basado no Guernica de Pablo Picasso

 Xa, nas sesións de Biblioteca, coa profe Ana, a rapazada buscou información, indagou, e creou un Genially, onde aparecen os maiores conflitos armados da actualidade.

Na aulas prepararon a canción de paz de Pablo Diaz, "TIC, TAC, TOC" e decían unha verba relacionada coa paz os mais cativos e unha frase de paz os maiores. Un bo momento para que a rapazada comprenda o que significa a guerra e o gran valor da PAZ. Esperemos que o noso alumnado, tralos días de reflexión, teñan pulos de cambiar o mundo no que vivimos para mellor. 


O acto foi presentado polos alumnos de quinto, Ane Cid e Daniel Fernández. 






 Aquí tedes un pequeno video da celebración do día de hoxe. 

A música é de PABLO DÍAZ, a canción TIC TAC TOC.

30 DE XANEIRO, DÍA DA ILUSTRACIÓN

 


Hoxe, 30 de xaneiro, ademáis de celebrarse  o Día da Paz e a Non Violencia, celébrase o DÍA DA ILUSTRACIÓN. Coa intención de non solapar datas, na escola buscamos crear entre tódolos membros da comunidade educativa unha mostra/exposición.  As nosas avoas levan dando cor á nosa infancia dende hai moitos séculos a través de ilustracións feitas con fíos e agullas: cobertores, xerseis, bufandas, manteis ou panos de mesa,... están ilustrados con motivos previamente pensados, calculados matematicamente e debuxados con patróns para que queden proporcionados. Seguro que todas e todos temos algún exemplo por casa. Gustaríanos poder compartilos nunha exposición que terá lugar dende o día 5 ata o 12 de febreiro polo que se pide ás familias que traian as pezas feitas a man antes do día 4.
Grazas pola vosa axuda.

Deixamos aquí o cartaz da Xunta dedicado a Siro, autor homenaxeado este 2026.


 

mércores, 28 de xaneiro de 2026

HOXE VISÍTANNOS... AS IRMÁNS FERRO






Elena Ferro, a pequena das irmás Ferro, cóntanos que veñen a nosa escola a contarnos do seu oficio. Elas son zoqueiras.  Elena maila súa irmá herdan a tradición do seu pai, da súa tía Agripina mailo seu avó, que aló polo 1915 aprendeu o ofico.  Ela maila súa irmá aprenderon o oficio, na súa casa, dos tres.

 

Explicaronnos  que é un zoco, quen o usa, onde comezou a usar. Como eran os zocos de antes, como son os de agora,...

 

 Faláronnos dos materiais e ferramentas que se utilizan para elaboralo. Agora xa sabemos que é a subela, o sacabocados, o can, pois o martelo e a coitela xa os coñeciamos.

 Tamén nos explicaron o nome de tódalas pezas que o conforman.

 

Foi unha mañá moi entretida, deixounos pampos ao aprendernos como se fan os amallós, os cordóns do zoco.


 

 Explicounos que na súa tenda non so fan zocos, traballan co coiro e fan chaveiros, pendentes, carteiras, marcapáxinas,... son artesáns do coiro.

 

Grazas á Fundación da artesanía Galega por achegarnos os oficios tradicionais á escola. 

 

HOXE VISÍTANOS... XOSE MANUEL SANÍN, ARTESÁN DE PERCUSIÓN TRADICONAL

Hoxe, 27 de xaneiro, tivemos a sorte de ter na escola a SANÍN, artesán de percusión tradicional que tentou aprender ao noso alumnado como construír unha pandeireta.

Sanín, contoulles que  hai moitos anos, a música formaba parte da vida cotiá dos agricultores. As pandeiretas comezaron a usarse polas labregas e labregos como instrumento de acompañamento nas foliadas, reunións festivas que se facían despois das xornadas de traballo máis importantes do ano, como a recolleita e a esfollada do millo

Sanín dixo que falar cos rapaces do Resío era todo un reto, pois son rapaces que viven na cidade e para eles, esta cultura nosa, está moi alonxada da súa realidade. Preguntoulles se coñecían instrumentos tradicionais de percusión. Como non foron quen de dar unha resposta, Sanin explicou que a percusión tradicional galega naceu da imaxinación e do aproveitamento dos materiais que había á man. Así, botellas de anís, botes de pemento ou outros recipientes cotiáns convertéronse en instrumentos musicais cheos de son e ritmo. Estes obxectos, ao seren axitados ou golpeados, producen sons que acompañan os cantos e as danzas, demostrando que a música pode xurdir de calquera lugar cando hai creatividade.

Contoulles que pandeireta é un dos instrumentos máis emblemáticos da nosa cultura e ía construír unha diante deles.  Sanín explicou que a  partir da madeira dos piñeiros, o artesán vai dándolle forma ao marco, un traballo lento que pode durar meses e que require paciencia.  Unha vez feito o aro, fanse uns buracos nos que se colocan as ferreñas, pequenas pezas metálicas responsables do seu son tan característico.

 

 

Sobre ese marco colócase a membrana, que na pandeireta galega tradicional se elabora con pel de cabra. A pel tensase e axústase con coidado para conseguir o son axeitado. Sorprendidos quedaron tod@s, ao poder tocar a pel da cabra.

Tentou aprenderlle aos nenos e nenas as diferencias entre a pandeireta galega e outras que están polo mundo adiante e indicoulles que él tamén fai pandeiretas para fóra da nosa comunidade e fóra do noso país.

Grazas a Fundación Artesanía Galega, e aos artesáns,como Sanín, o alumnado pode coñecer de primeira man estes oficios tradicionais e comprender mellor como a música, a artesanía van da man.  Non hai dous pandeiretas iguais, aínda que os pasos para elaboralos sexan os mesmos.


Grazas!

A prensa fíxose eco da nosa actividade que se desenvolveu no salón de actos do edificio antigo da nosa escola.




martes, 27 de xaneiro de 2026

XOGANDO CON LARANXAS

 


Experimentando, saboreando e manipulando.
 
Facemos grandes descubrimentos. Hoxe, na aula dos pequerechos, experimentamos con laranxas! 🍊
 

Primeiro xurdiu o xogo cando unha caiu ao chan e comezou a rodar pola aula, despois xogamos rodandoa ; e chegamos a conclusión de que roda por que ten forma esférica.
 

Despois investigamos sacándolle a pel, probamos, aplastamos, ulimos...
Que forma tan sinxela de espertar os sentidos!
 
 

luns, 26 de xaneiro de 2026

PEQUENOS CIENTÍFICOS, GRANDES EXPERIMENTOS

 

En 6° de E.I atopámonos cunha grata sorpresa: un minimundo de inverno onde puidemos gozar mediante a experimentación e a manipulación.