PAGINA

venres, 24 de marzo de 2023

ALMA E CORAZÓN

Vir a escola ten moitas cousas boas pero días coma hoxe so acontecen unha vez. 

Orgullosos de todo o noso alumnado, do noso profesorado, e das fermosas verbas de recoñecemento que nos dedicaron hoxe tanto a Presidenta da Deputación, Dona Carmela Silva, coma a grande escritora viguesa, Ledicia Costas. 


Neste acto a protagonista foi Iria Portabales Fernández, creadora de Talento, personaxe principal do novo libro de Ledicia, ALMA E CORAZÓN.



Nesta presentación do libro, a Deputación agasallounos a todos cun exemplar do libro e co espectáculo ASDOMARE, a cargo de Vero Rilo, xunto ao acordeonista Santi Cribeiro,  co que se aproveitou para celebrar o Día Mundial do Teatro. 



 

Magnífica a celebración do acto de entrega do premio do Concurso "Búscase a Talento" da Deputación de Pontevedra.

So nos queda dar as Grazas á Deputación de Pontevedra, polo seu esforzo para que toda a escola puidese participar neste acto, grazas a Carmela, Presidenta da Deputación pola súa cercanía e por poñer en valor as actividades que levamos a cabo na escola, e grazas a Ledicia por convertir en arte todos os seus pensamentos. 

Grazas por este premio tan especial e emocionante!, e...

Noraboa a Iria!




 

 e noraboa aos presentadores do acto, Mar e Xoel.

 

xoves, 23 de marzo de 2023

MENSAXE NUNHA BOTELLA (2)



 Por fin chegou o día, logo da proposta recibida polas familias, a noso fondo de mar encheuse de botellas cheas de mensaxes de amor e amizade. Hoxe, cada nena e cada neno participante, escolleu unha botella e recibiu a súa mensaxe. A leron en alto e Picolindo agasallounos cun boleto de RAÑA E GAÑA.

 


 FERMOSA ACTIVIDADE GRAZAS A COLABORACIÓN FAMILIAR.



 

mércores, 22 de marzo de 2023

HOXE VISÍTANOS: HEMATOCRÍTICO


Dentro das actividades que promove a nosa biblioteca escolar está a visita de autores.

 Hoxe, grazas a colaboración da Editorial Anaya, o noso amigo  Miguel López, O HEMATOCRÍTICO veu falarnos do seu libro "Doña Problemas".


Mestre, escritor, humorista,... Unha gran persoa. Descubriunos unha chea de anécdotas moi sorprendentes.


 

Falamos doutros artistas, tanto do mundo da ilustración como da escritura.

Asinounos amablemente os nosos libros.


 

TAMÉN ASINOU NO LIBRO DE VISITAS ILUSTRES

Gozou co mural que tiñamos preparado para o seu recibimento.


Foi un pracer poder conversar co autor de tantos grandes "éxitos", que sempre aparecen entre os máis emprestados no Resío, como as coleccións: Os Hematitos, O bosque dos Contos ou Lendas no Recreo. Moitas grazas, Hemato!.

Vémonos pronto.

Como Miguel non so escribe para nen@s que tamén o fai para adultos, non podemos rematar esta publicación sen aconsellar ás familias a lectura do seguinte libro.


 

 Pasamos unha gran mañá.


ACTIVIDADE A RECONQUISTA DE VIGO

 O alumnado do quinto e sexto cursos de primaria, visitou hoxe, acompañado de Eduardo Rollán e de "Pierre de la Pierre" os lugares emblemáticos da Reconquista. 

Foi unha mañá entretida, divertida e na que aprendeu moitas cousas sobre ese feito histórico tan importante na nosa cidade grazas ao Concello de Vigo.

CASTELO DE SAN SEBASTIAN

PERCORRIDO POLO BARRIO HISTÓRICO








FINALIZOU A VISITA NA ANTIGA SALA DE PLENOS MUNICIPAIS

 Podes ver máis imaxes na seguinte ligazón https://photos.app.goo.gl/XrqdKAbnXtdjeqxAA

 

luns, 20 de marzo de 2023

2º PREMIO, CONCURSO "GRAZAS XOGUETES"

Hoxe, o alumnado do cuarto curso de primaria, recibiu da man da presidenta da Excelentísima Deputación de Pontevedra o segundo premio do Concurso "Grazas, Xoguetes", dentro da campaña de Nadal, onde os nenos e nenas tiñan que deseñar e fabricar xoguetes orixinais, creativos, igualitarios e non violentos, exentos de esteriotipos de xénero. A principal condición foi que foran feitos con material de refugallo. 


 

Dedicamos varias sesións da clase de plástica para elaborar en grupos colaborativos as creacións artísticas premiadas.

 

 
A entrega do premio foi no Salón de Plenos do Pazo Provincial de Pontevedra.  Neste acto a presidenta da Deputación anunciou que estes xoguetes serán enviados a tódalas escolas da provincia.

 
 














venres, 17 de marzo de 2023

DÍA DO COMIC, 17 DE MARZO

 


Hoxe, é por primeira vez celébrase o Día do Comic (Banda Deseñada). Decidiuse nun Consello de Ministros o pasado 11 de xullo a celebración o día 17 de marzo do Día do Comic e do Tebeo, para fomentar o sector e recoñecendo a súa importancia na diversidade, na creatividade e na calidade dos mesmos ao longo da historia.

 Na escola preparouse unha pequena exposición saída do noso recuncho da banda deseñada.

 



mércores, 8 de marzo de 2023

CELEBRAMOS O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 Hoxe, no Resío, toda a escola viviu inmersa na celebración do Día da Muller.


A primeira hora da mañá chegou á escola o COMANDO IGUALDADE do IES ALEXANDRE BÓVEDA. Nesta actividade, os responsables do comando explicaron á rapazada o funcionamento da súa agrupación.

O Comando Igualdade visita a nosa escola para transmitir os seus valores de igualdade, equidade, empatía e responsabilidade para procurar un mundo máis xusto.En primeiro lugar fixeron unha presentación do que é o COMANDO IGUALDADE. Este é un club como pode ser o de lectura, o de xogos, os de manga,... Reúnense tódolos luns ao mediodía, quedan a comer no instituto pois, pola tarde teñen clase. Son como unha familia. Este club está formado polo alumnado pero tamén por algun mestre ou mestra. Neste tempo falan de temas de interese e preparan actividades para o 25N e para o 8M. Falouse do concepto feminismo, o reparto das tarefas domésticas na casa, fixeron xogos e indicaron que no noso centro poderían facer algo similar.

Os membros do Comando reciben formación en igualdade a través de distintos departamentos do Centro.

Rematou o acto cunha unha cantiga.


 

Logo do tempo de lecer, a actividade programada, viuse mermada polo mal tempo e non puidemos saír á horta a sementar. Iamos sementar leitugas, amorodos, tomates, pementos, cabaciñas,... A manipulación de materiais, a experimentación e o goce da terra e dos charcos queda para o primeiro día que faga bo, máis non sendo posible sementar na horta, creamos no ximnasio un bancal, un bancal máxico onde a rapazada sementou profesións e verbas de igualdade, demostrando que no Resío estamos comprometid@s coa promoción e fomento da igualdade entre homes e mulleres:  

 



SEMENTAMOS, 

 VERBAS DE IGUALDADE.

Complementamos o traballo cunha exposición de libros sobre esta conmemoración.