Hoxe, o alumnado do cuarto curso de primaria, recibiu da man da presidenta da Excelentísima Deputación de Pontevedra o segundo premio do Concurso "Grazas, Xoguetes", dentro da campaña de Nadal, onde os nenos e nenas tiñan que deseñar e fabricar xoguetes orixinais, creativos, igualitarios e non violentos, exentos de esteriotipos de xénero. A principal condición foi que foran feitos con material de refugallo.
Dedicamos varias sesións da clase de plástica para elaborar en grupos colaborativos as creacións artísticas premiadas.
A entrega do premio foi no Salón de Plenos do Pazo Provincial de Pontevedra. Neste acto a presidenta da Deputación anunciou que estes xoguetes serán enviados a tódalas escolas da provincia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario