PAGINA

mércores, 8 de marzo de 2023

CELEBRAMOS O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 Hoxe, no Resío, toda a escola viviu inmersa na celebración do Día da Muller.


A primeira hora da mañá chegou á escola o COMANDO IGUALDADE do IES ALEXANDRE BÓVEDA. Nesta actividade, os responsables do comando explicaron á rapazada o funcionamento da súa agrupación.

O Comando Igualdade visita a nosa escola para transmitir os seus valores de igualdade, equidade, empatía e responsabilidade para procurar un mundo máis xusto.En primeiro lugar fixeron unha presentación do que é o COMANDO IGUALDADE. Este é un club como pode ser o de lectura, o de xogos, os de manga,... Reúnense tódolos luns ao mediodía, quedan a comer no instituto pois, pola tarde teñen clase. Son como unha familia. Este club está formado polo alumnado pero tamén por algun mestre ou mestra. Neste tempo falan de temas de interese e preparan actividades para o 25N e para o 8M. Falouse do concepto feminismo, o reparto das tarefas domésticas na casa, fixeron xogos e indicaron que no noso centro poderían facer algo similar.

Os membros do Comando reciben formación en igualdade a través de distintos departamentos do Centro.

Rematou o acto cunha unha cantiga.


 

Logo do tempo de lecer, a actividade programada, viuse mermada polo mal tempo e non puidemos saír á horta a sementar. Iamos sementar leitugas, amorodos, tomates, pementos, cabaciñas,... A manipulación de materiais, a experimentación e o goce da terra e dos charcos queda para o primeiro día que faga bo, máis non sendo posible sementar na horta, creamos no ximnasio un bancal, un bancal máxico onde a rapazada sementou profesións e verbas de igualdade, demostrando que no Resío estamos comprometid@s coa promoción e fomento da igualdade entre homes e mulleres:  

 



SEMENTAMOS, 

 VERBAS DE IGUALDADE.

Complementamos o traballo cunha exposición de libros sobre esta conmemoración.

Ningún comentario:

Publicar un comentario