PAGINA

mércores, 6 de febreiro de 2019

HOXE VISITOUNOS... RAMÓN MÉNDEZ

Ramón Méndez é un traductor galego especializado nos videoxogos. 


Ramón Méndez, licenciouse en Traducción e Interpretación pola Universidade de Vigo e doctorouse cunha tese específica sobre a industria do videoxogo.  Foi o primeiro doctor de España con esta tese. Na actualidade traballa na Universidade de Vigo como mestre e colobora con moitas outras espalladas polo mundo.

Traballou para  Edge, NGamer, Namco Bandai o Nintendo.

Ramón explicoulles aos nenos que para que eles poidan xogar, moitas persoas traballan facendo os textos, as imaxes, a música e a parte técnica e científica que fai que cando eles premen os botóns de controis, fagan o movemento correcto.

Comezou a traballar no mundo da tradución no 2016, e participou en moitos xogos, tales como   Skyrim, Dirver: San Fancisco, Rise of Venice, Broken Sword 5, Thief, Sniper Elite 3, Sniper Elite 4, Far Cry 4, Assassin's Creed: Unity, Assassin's Creed: Rogue, Until Dawn, Dying Light, Watch Dogs 2, The Witcher 3, Divinity Original Sin, Blood Bowl II .

 Na actualidade está a recibir moitos premios polo seu traballo.
Logo da súa exposición e dentro da rolda de preguntas, os nenos e nenas lle preguntaban cantos xogos tiña, se os coleccionaba,... e que xogos recomendaría. 
Mencionou:
  • Brothers
  • Broken sword
  • Child of light
  • Terraria
  • Limbo
  • Flipping Death
  • Saucer-Like
Agradecemos moito esta visita, aprendemos moitas cousas!

Ningún comentario:

Publicar un comentario